DA CENSURA E A APRENDIZAXE

No século XVII en Inglaterra existiu un escritor e ensaísta chamado Samuel Jonhson que, entre penas económicas, publicaba nun xornal da época un artigo semanal nunha sección chamada The Rambler (o divagador) e máis adiante outra noutro xornal nunha sección que tiña por nome The Idler (o ocioso), xeralmente de temática moral ou relixiosa pero cuxas constantes eran a mordacidade a franqueza e un sentido común abafante. Chama a atención do que subscribe este pensador egrexio, aparte por a miseria na que viviu, porque non parou de escribir en todo o tempo da súa estadía nesta bola que xira, e onde os humanos soemos mirar cara o outro lado cando temos diante personalidades como a de este Johnson.

Súas para a posteridade son as seguintes contribucións á literatura sapiencial; e tendo en conta que foron inmortalizadas na década de 1750. Hai cousas que pouco cambian, e senón lean esta escolma de catro sentencias sobre a censura e aprendizaxe, os temas que máis adoecen a esta testemuña de Johnson:

«Cando censuramos a un home estámolo eloxiando indirectamente pois o que amosamos é de canto se pode prescindir»

«Moi poucos están dispostos a aprender nada pois os homes a cotío máis ca información o que queren é que lles lembren o que saben»

«Para ensinar aos homes a dicir a verdade é preciso que aprendan a escoitala»

«A gratitude é un produto da cultura; non é doado achala entre xente inculta»...

Máis frases de Johnson sobre outros temas:
http://es.wikiquote.org/wiki/Samuel_Johnson

Testemuña de Johnson
DA CENSURA E A APRENDIZAXE
Cretine4@hotmail.com
VISITEN TAMÉN:
http://openultimochanzo.blogspot.com
http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións