DAS IDEAS

Desacouga o obxectivo da literatura “de verdade”; a literatura do dogma literario que se comprace e se expresa e se enche nos concursos literarios. A literatura “con música” de prosa ben levada e ben soante, feita a modiño, ben e a conciencia, que dixera Cunqueiro. A literatura das ideas queda como rareza para os descendentes post mortem do escritor das ideas. Pois a literatura que literaturiza as ideas, a que profunda e aporta cargas filosóficas e ultra semánticas non se estila abondo e aprézase máis fóra que dentro, como dixera Antón Risco, que morreu deixando ducias de gabetas cheas de manuscritos de novelas das ideas. Que idea! a quen se lle conte primar as ideas sobre a estética! Pois por que non!

A risco de ser increpado defendo a novela das ideas dun Risco que morreu sendo adaíl das ideas na literatura e que agora despois de morto se consagra como grande escritor da literatura galega. Que mágoa. Defendo a novela das ideas do fillo de Vicente Risco, Antón, que houbo de finar para ver todas esas novelas publicadas paulatinamente. Cousas do sino, ou da cultura, ou da incultura, ou paradoxos do ser e do estar. Ou da expresión dos mundos de dentro de cada quen que expresa e sinte Que lles parece?.

O defensor da novela das ideas

 

DAS IDEAS
cretine4@hotmail.com
visiten tamén:
http://openultimochanzo.blogspot.com
http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións