DESHUMANIDADE
-Ou o síndrome de Todos menos Eu-

Asolagados de contradicións os seres humanos van respirando, vivindo e morrendo; sen evolucionar abondo, nada, pouco. O humano moi contraditorio se deshumaniza, pero non dese xeito pesimista que filosofaba Schopenhauer ou literaturizaba Pío Baroja (por exemplo, hai tantos que tiveron o valor de escribir...), dous persoeiros que envorcaban na súa perspectiva seus respectivos rangos misántropos. O humano se deshumaniza tamén coas pequenas mesquindades de cada día, cando non é quen de recoñecer seus erros, cando non é quen de recoñecer o éxito dos veciños, cando non é quen de gabar o traballo ben feito dos outros, cando non é quen de enfrontarse con obxectividade a calquera obra artística producida por alguén próximo a el (ninguén soe ser profeta na súa terra, pero o porque queda para outra perspectiva), o noxento e pueril “sentimento” da envexa, o “ culo veo culo quiero ”, o rouban todos roubo eu, a identificación cun grupo ou manada para reforzar carencias de personalidade... Deshumanízase.

Este tempo electoral no que os representantes loitan por convencernos de que seus partidos son o mellor “partido” tamén é indicativo dos pasos previos á deshumanización; esta deshumanización que nos da a razón aos pesimistas á hora de amosar o noso ramallazo derrotista e misántroposóxino . A saber: con respecto aos elementos vivos dos avatares desta mal chamada política podemos ver que se deshumaniza tamén o que non é consciente de que seu ben pode supoñer o mal do próximo, o que da a cara co cuartos traseiros sen limpar, o que non só non recoñece erros senón que os que cometeu el foron deostados no pasado, o que conta as verdades a medias para a súa comenencia, o que rexeita á humanidade en favor dun benestar idealista, o que critica condutas replicadas sendo el o modelo anterior, o que non chama ás cousas polo seu nome falando de diálogo onde hai impericia ou de crise económica onde hai interpretación tendenciosa de datos... deshumanización.

Pese a que hai sectores, colectivos, comunidades de veciños, estamentos, institucións, sindicatos de froiteiros, empresas, negocios, mercados, escaleiras, parques, rúas, etcétera, onde vive e cohabita a especie humana consigo mesma ningún de nós é cualitativamente superior para fuxir ou estar exento desta deshumanización que nos asolaga. Tampouco penso que sexa un mal do novo milenio como augurou algún illuminati . Opino que é foi e será consubstancial a nós e na nosa vontade está o “purificarse” a diario, o facerse mellores, menos deshumanos e máis éticos. Solución? Pois educativa, supoño. Educación. Libros. Biblioteca de Babel... Déixoos meditando porque quedei cun inimigo para falarlle mal dun amigo.

Un deshumano
DESHUMANIDADE
Cretine4@hotmail.com
VISITEN TAMÉN:
http://openultimochanzo.blogspot.com
http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións