| DETECTOR
DE IMPORTANCIA
Ti
dixeches que el dixera que dicía o que non debía dicir.
Dicía ela concedendo crucial importancia a badocadas tan
insignificantes. Non che falo porque non lle falaches cando tiñamos
que ter falado. Dicía el, argumentando tal trapallada para
xustificar seu incomodo. Pois tamizamos nosas accións cuns
raseiros tan baixos coma o chan, dándolle importancia a cousas
que non a teñen. Busquemos como e onde busquemos, non a teñen.
Non importan, certas cousas non.
A vida importa, o arrequecemento interno intelectual importa, a
deostada e utópica amizade tamén, o sacrificio tamén,
a realización a lume lento en ámbito calquera tamén.
O que ti teñas non importa, o que ti sexas, en parte. Se
eres boa persoa si, se eres feo non. Como esteas, non importa demasiado.
As palabras ocas, nada. As xenreiras, tururú. Os xuízos
baratos, patatín. Os prexuízos outro tanto...
Todos deberíamos levar instalado o crucial detector da importancia.
Pois de non cribar a información das nosas sociais relacións
farémonos parvos. Parvos uns por non cribar e parvos outros
por conceder importancia á información non cribada,
nunha parvada global. Distinción, por favor. Cómpre.
Que é o importante? Pois pese á obvia aparencia da
frase: O importante só é o importante.
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|