DIGLOSIA MIÑA

ATENCIÓN: ESTE TEXTO PODE FERIR A SÚA SENSIBILIDADE

A diglosia (do grego d????ss??, "de dúas linguas") é a situación de convivencia de dous idiomas no seo dunha mesma poboación ou territorio, onde un dos idiomas ten un estatus de prestixio -como lingua de cultura, prestixio ou uso oficial- fronte ao outro, que é relegado ás situacións socialmente inferiores da oralidade, a vida familiar e o folclore.

Quitando definicións académicas, formalismos e purismos, quixera facerlles partícipes da miña querenza pola controvertida verba esta da diglosia:

Nun dos momentos no que decidín consagrar miña vida á escrita determinei que a palabra que titula esta perspectiva, tan deostada, pobriña, viría moi ben na miña afirmación como escribidor*. Diglosia.

Escribo indistintamente nas dúas linguas da comunidade autónoma, pois o ditado da idea determina o idioma a escoller, e no momento da produción creativa a lingua empregada ten preeminencia sobre a non empregada. A lingua da obra literaria terá prestixio sobre a outra porque non deixará de roldarme a cabeza até que apareza outra produción na outra das linguas. Rexeito os -ismos, pero preocúpome moito pola supervivencia da lingua galega (que me define algo máis cá outra) tras meu paso pola vida. Os demais que tenten facer o propio. A preocupación individual fará un resultado colectivo e o galego non morrerá por moi diglósicos que sexamos, como agoiran algúns.

Voces ao foro desta páxina

Jorge Emilio Bóveda

*Serei escribidor até que me consagre, e isto non sucederá nunca, pois me acho perpetuamente no penúltimo chanzo dunha escalinata que non conduce a ningures.

DISGLOSIA MIÑA
cretine4@hotmail.com

Pasa a criticar/comentar o texto no foro "El fotomatón":
<http://boards.melodysoft.com/FOTOMATON/>
VISITEN TAMÉN (se queren e se lles pon ben):
<http://openultimochanzo.blogspot.com>
<http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com>

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións