DOGMATRON

Do dominio público é o feito de que as máquinas están a ganar terreo nesta nosa vida deshumanizada; que xa non somos tan só o que comemos senón tamén o que nos venden e non utilizamos, que as máquinas deixaron de ser útiles á humanidade para pasar a humanidade a ser servil ás máquinas.

Ao abeiro desto hai unha máquina terrible, xigante, instigadora e marcial que ninguén sabe exactamente como opera e onde. É unha máquina de aparencia tamén descoñecida que bota sentencias por uns altofalantes. Sentencias que a maioría das persoas acatan sen deterse a pensar por un momento de se existirían alternativas para esas sentencias, ou se son completamente beneficiosas de realizar, ou se non poñen en perigo a integridade ou os ideais doutras persoas.

As sentencias da máquina son múltiples variadas: OS HOMES TEÑEN QUE CASAR COAS MULLERES E AS MULLERES COS HOMES, OS FILLOS QUÉRESELLE MÁIS CA PARELLA PORQUE SON SANGUE DO TEU SANGUE E A PARELLA NON, OS NENOS TEÑEN QUE CALAR EN TODO MOMENTO PORQUE, DO CONTRARIO, SON MALEDUCADOS, OS CABALEIROS DE PRO TEÑEN QUE IR AFEITADOS E BOTANDO BAFARADAS DE SUTIL FLOYD, AS DAMAS NON PODEN FUMAR POLAS RÚAS, OS POETAS SON TODOS MARICÓNS, OS MÚSICOS DE ROCK SON DROGADICTOS...

E bota, bota, bota, sentencias irrevogables a máquina dogmatrón esta. Menos mal que está nas nosas mans ignorala e vivir de costas a ela. Algún tentou rebentala a paos pero saíu mal parado, polo que a solución para evitala é vivir de costas a ela pondo en diálogo e discusión todos os pormenores que arrodean as sentencias que bota polos seus altofalantes ousados. Pero sempre con coidado. Por que? pois porque nesa discusión de sentencias pode xurdir o CONTRADOGMA que é máis do mesmo pero ao revés. Cousa indesexable que nada nos arranxa. O contradogma é máis do mesmo pero untado na brea do maniqueísmo. Como proceder? pois analizando e razoando... supoño... non dogmatizo.

O guerreiro escaldado

DOGMATRON

Cretine4@hotmail.com

VISITEN TAMÉN:
http://openultimochanzo.blogspot.com
http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións