|
DÚAS “ARMAS” PARA A EVOLUCIÓN
Pese
a que o direte común defende que as persoas non cambiamos
nunca en ningún aspecto, existen varios émbolos de
impulso de cambio que botan por terra a aseveración esta.
Podémonos quedar con dous deses propulsores: a autocrítica
e a forza de vontade. A autocrítica, ese ben prezado que
tanto escasea e que nos obriga a analizarnos interiormente, e a
forza de vontade, a máis forte das forzas, a que nos da pulo
para ir facendo eses cambios necesarios; esa subida de chanzos na
vital escalinata.
A pesar do doado que semelle, as persoas que descobren
o poder do cambio de da evolución son poucas; son minoría
minoritaria mínima, pois un cambio de maiorías implicaría
unha evolución social completa, e a única evolución
social que apercibimos ten que ver coas garantías sociais
e o beneestar particular. Por iso se recoñecen aos nosos
veciños (e a nós mesmos) en obras literarias do século
dezaséis, dezasete, dezaoito, porque non temos moita propensión,
os humanos, a facer uso destas eficaces armas para o cambio. Téñenas?
Un armado
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|