| EDUCACIÓN
VITAL
Sempre
pensei, inxenuamente, que a solución á quebra entre
a persoa e a sociedade era a educación, pero cada día
que decorre decátome do dura que é a labor; titánica,
bestial, impropia de mestres e profesores queimados ou abondo listos
como para considerar só seu soldo de final de mes. Pero a
educación á que me refiro non é a das escolas,
que corren o risco de uniformar moito, senón á educación
vital; da vida, amistades, compañas, valores, lecturas, descubrimento
e redescubrimento de persoas e lugares e a adquisición dun
criterio abondo bo para saber que persoas, que lugares, que lecturas
poden ser máis beneficiosos para conformar unha personalidade
educada. O demáis, o institucional, importa moito menos.
A educación vital é unha viaxe cara unha realidade
inapresable coa compaña inevitable de tres seres particularmente
curiosos, un trío de entidades que estorban o indicible:
a desmemoria, que é unha muller sen temperamento pero coa
autoestima moi alta, pois sabe de boa fe que se impuxo, e se imporá
en innúmeros momentos da historia. Dona fama. Fermosísima...
pero infiel. E o señor Protocolo. Elegante e moi coidado
nos seus xeitos, pero en ocasións mendaz, inxusto, mesquiño
e ignorante.
A trinidade camiña con nós no devir da educación
da vida e aínda que lles fagamos bulra, persuade a atención
dos que camiñan ao noso redor, os nosos coetáneos.
Testemuña da fea trinidade
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|