| É
PRECISO UN G.H.
Nota
preliminar: absterse desta perspectiva os teleadíctos
do “Gran Hermano”
Cambio na gobernación do barco da Gallaecia. A cohabitación
bipartidista non convenceu. Desfacer o feito. Corroborar que os
gobernantes de agora non son os oradores de antes. Cousa que me
fai reafirmar a miña idea dunha condición sinequa
non para gobernar: calquera ser humano que ocupe un posto de poder
ha de ter unha formación en humanidades, aínda que
o binomio de palabras GOBERNADOR HUMANISTA soe máis a oxímoro
que a outra cousa. Falo do ideal, do que debera ser, de achegarse
ao humano e ao social e non ao capital e aos cartos, de falar ben,
con propiedade, empregando o vocabulario preciso en cada momento
de dirixirse aos gobernados.
É que non é de recibo que un presidente recen elexido
fale un castrapo atrapallado na súa primeira rolda de prensa
trala súa victoria. Ou chicha ou limoná; ou galego
ou castelan. É unha honra ser bilingües (xa saben que
para min até é unha honra ser diglósico como
expliquei noutra perspectiva) e semella absurdo aparentar se o que
non se é. Un insulto á intelixencia, vaites. E máis
agora, cando hai unha maioría absoluto por baixo. En fin.
O idealista de turno
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|