O ESPELLO ANTE A INTELIXENCIA FRACASADA

Escribín nalgunha ocasión sobre o aproveitado libro A intelixencia fracasada. Teoría e práctica da estupidez, un ensaio do filósofo Xosé Antonio Mariña sobre como a intelixencia fracasa no seu labor. O autor non fala da intelixencia cognitiva como tal, a cal adoita estar predefinida xeneticamente, senón de como esta, malia ser abundante nun individuo, erra por tomar decisións equivocadas ou pola inoportuna falta de acción.

Así vemos —exemplos a milleiros— como unha persoa moi aproveitada intelectualmente bota súa vida polo váter por tomar unha decisión de Perogrullo. Ou como persoas cunha valía académica grande, ocupando postos en sistemas de ensino superiores, perden os porcos (se se me consinte a expresión) cando teñen que enfrontarse a algo tan “doado” como a socialización. O como grandes teóricos en calquera disciplina non subscriben para si mesmos os exemplos que postulan...

Moi curiosas certas actitudes, abofé que si, pero o que probablemente non sabía Xosé Antonio Marina cando escribiu o libro (ou si, pero o caso é buscar cóxegas), é que as intelixencias fracasadas cohabitan en contrapunto con outro tipo de “intelixencias”. Son as “intelixencias” que se ven cando as intelixencias fracasadas se reflicten nos espellos das sociedades. Que se reflectirá neses espellos? Imaxes especulares de intelixencias fracasadas? Non. A intelixencia fracasada situada ante un espello recibe a imaxe dunha ESTUPIDEZ EXITOSA. Que si. Que opinan?

Lembren que na entrada de O Fotomatón, na parte esquerda das súas pantallas hai unha imaxe [foro O Fotomatón] que, se é premida co rato, conduciraos a un foro onde expresar súas opinións ao respecto.

PD: a imaxe de espello da estupidez exitosa é, novamente, a intelixencia fracasada.

Un habitante do limbo intelectual

O ESPELLO ANTE
A INTELIXENCIA FRACASADA
© 2008
cretine4@hotmail.com
Pasa a criticar/comentar o texto no foro "El fotomatón":
<http://boards.melodysoft.com/FOTOMATON/>
VISITEN TAMÉN (se queren e se lles pon ben):
<http://openultimochanzo.blogspot.com>
<http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com>

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións