| ...E
TI DE QUEN ES???
Aos
ollos dun entendido en fundamentos de política pura as eleccións
europeas amosaron que a cidadanía ten predilección
polo capital e a propiedade privada en detrimento das políticas
sociais, cando en realidade, a férrea realidade nos di que,
pese a que as cores políticas definan un corpus de ideas
concretísimas, a masa seguimos votando dende o punto de vista
castigador ou dende o punto de vista de pertenza a un grupo pechado.
—Hai unha crise tremenda. Ides ver, vóulle votar aos
azuis... como se a crise non fose unha ameaza xordida de vello en
américa...
—Eu son dos vermellos de toda a vida... coma se os parámetros
non cambiaran cos anos e as persoas non fixeran análises
de conciencia...
É que seguimos a darlle o mesmo trato á política
e ao fútbol, no canto de racionalizar calquera paso que se
dea, pois ela, a política, queirámolo ou non, representanos.
Así, sen racionalizar, votamos á dereita sendo fillos
de obreiros, ou votamos á esquerda pisando a calquera con
tal de ter ben chea a despensa da nosa familia.
E vostede de quen é? De Kas laranxa ou Kas limón?
Dos brancos ou dos negros? Dos azuis ou dos vermellos? Dos tigres
ou dos leóns? Do Barcelona ou do Madrid? Dos indios ou dos
vaqueiros? Dos bos ou dos malos? Dos republicanos ou dos nacionais?
En definitiva Do PP ou do PSOE? Non. Non se trata deso. Trátase,
penso, de coñecer en todo intre as características
do pavimento que pisamos.
Non é cuestión de pertencer por pertencer nin de
empregar o voto como castigo. Cada un no seu recadro da existencia
pero sabendo sempre por que.
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
Debate aberto en: http://ofotomaton.wordpress.com
|