| FILOSOFÍA DA IDADE
ou a Disciplina de Osorio
Saúdos, dispares humanidades, son un vello que aprendeu onte a facer uso do medio cibernético, un vellote na antesala ao pasamento cunhas dúbidas esenciais. Dubido porque pasei toda miña existencia defendendo a idea de que era agnóstico; fun un sofista que dicía que non podemos subscribir a existencia de ningún deus e que tampouco podemos subscribir a non existencia de ningún deus. Defendendo o relativismo rendendo case tributo á memoria de Protágoras. Todo era relativo. O home era a medida de todas as cousas. As cousas son da cor do cristal co que as miremos. Defendín con estas ideas unha esaxerada e falsa hipóstase; tendo o meu ser como verdadeiro, como algo real, como a verdadeira realidade. A miña sustancia individual concreta era agnóstica. Tamén me embargou anos e anos, tempo e tempo, fragmentos escangallados de eternidade, o solipsismo; pensando que só existía eu, que do único do que podemos estar seguros é da existencia da nosa propia mente e a realidade que aparentemente nos arrodea é incognoscible e pode non ser máis ca parte dos estados mentais do propio “eu”; de min propio, de min mesmo.
Hipóteses audaces estas acompañadas de saúde e de xuventude non son o mesmo; lévannos polas fragas da irrealidade e enfocan en col da nosa percepción pedestre unhas perspectivas estrañas. Por qué? porque agora, cando meu corpo testemuñou máis de noventa xiros de translación terrestre, comprobo que a “miña” teoría agnóstica de sempre está falsada pois a relatividade; o que as cousas poidan existir e poidan non existir, non é válido porque se a ética depende da persoa que xulgue, implicaría que se as cousas son para unhas persoas boas e para outras malas, as cousas serían boas e malas ao mesmo tempo, e habería unha incongruencia; un paradoxo. “Miña” subscrición sofista pretérita implicaría que calquera deus de calquera relixión existe e non existe ao mesmo tempo. Como teño logo que gramar isto agora que miña vida finou? que meu tempo de estadía is over? Alexandre Osorio
FILOSOFÍA DA IDADE
cretine4@hotmail.com
visiten tamén:
http://openultimochanzo.blogspot.com
http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com |