| LER
NOVELAS
Teño
un amigo, un bo amigo, que me razona a cotío seu profundo
desintererese pola novelística en xeral e por Javier Marías
en particular, aducindo que os escritores botan cincocentas páxinas
para dicir unha soa cousa e que o que quixer en verdade adquirir
cultura debería ler libros de ensaio. Materias concretas
que leven da man ao lector cara o coñecemento.
Discrepo absolutamente desa idea, pero supoño que meu amigo
se atopa na fase previa ao costume de ler novelas e, se chegara
a coller o hábito, toparía a conclusión de
que da “ficción” (el engloba toda a novelística
nesa palabra horrorosa), da novela das ideas ou de autor, ou de
ideas de autor, si se aprende, e ademais se aprehende, e en grande
cantidade e calidade. Pois ler novelas non é máis
ca DESCUBRIR A REALIDADE A TRAVÉS DE MUNDOS PARALELOS.
Esta idea do descubrimento da realidade a través dos paralelos
mundos dos libros engarza ben coa idea principal do discurso de
ingreso na Real Academia da Lingua Española de Carlos Castilla
del Pino, que dicía, grosso modo, que as personaxes novelescas
describen mellor a realidade porque ábrense máis intensamente.
Idea esta que non é a primeira vez que amoso nestas perspectivas
e que está case convertida en leit motiv na miña novela
en castelán El Gallo de Morón (Liberlibro). É
importante. A idea e ler novelas. Créanme.
Un escribidor
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|