LIVERTAZ

Ola participantes subrepticios deste espazo de particularidades, chámome Martín Rei e pensaba que era un espírito libre. Pensábao até hai pouco; até que caín nas inextricables dificultades que entraña esta palabra. A palabra que titula esta perspectiva e que vertebraba a miña vida e lle daba sentido dende que un día decidín rexeitar a idea de que somos presa dun determinismo indesexable; que as nosas existencias veñen determinadas polos costumes dos nosos pais, e estas á súa vez foron determinadas polas existencias dos seus -nosos avós- e así sucesivamente.

Xa o tiña superado, rexeitara o determinismo e pro da liberdade auto denominándome espírito libre ata que un “bo” día se me deu por inzar o pescozo máis da conta e mirar arredor para ver que o mundo occidental de corte capitalista é o “mundo libre”; só a democracia salvagarda a «liberdade». Os países do leste, de obsoleta ideoloxía marxista, son tamén os verdadeiros depositarios da «liberdade». A «liberdade» é tamén patrimonio exclusivo do anarquismo “libertario”. O ditador quere facer da súa patria unha, grande e “libre”. Invádense países para “liberar” aos pobos (temos o exemplo na actualidade). O que fai da palabra un desvirtuosismo que me confundiu e me deu de fociños coa realidade máis real: son un espírito determinista. Presa dun determinismo apañadiño e escaso.

O panorama da «liberdade» é confuso e desesperanzador, pero que a ningún candidato electoral se lle esqueza mencionala, se non quere atopar seu escano ocupado por outro liberador de xentes. O meu espírito libre pode perfectamente ser a escravitude de outro. Ou non? Ou que é en realidade?

Fonte: La Utopía skinneriana. Bases psicológicas. José Luis Prieto.

O espírito onte libre hoxe determinado
LIVERTAZ
Cretine4@hotmail.com
VISITEN TAMÉN:
http://openultimochanzo.blogspot.com
http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións