NIN MAIS NIN MENOS MEDIA

En canto aos medios de comunicación ultravisuais (pobre libro) hoxe está todo deostado, mais este que subscribe pensa que temos o que queremos; e o que somos. Os programas do corazón, que ninguén ve, son líderes de audiencia nas sobremesas, adormecendo a propios e estraños recen comidos, coa súa bazofia “informativa”. Supervivientes, Gran Hermano e Operación Triunfo van polas edicións vixésimas, cada vez nos petardean máis con series sobrenaturais, criminalísticas ou castizas, porque seguen a tendencia que vende. Da mediatizada figura dos políticos mellor non falar. E, queirámolo o non o queiramos, nos representan. Tanto os programas, como as series, como o xeito amarelo de contar as novas nos telexornais como os políticos. Todo é unha representación nosa.

Pero saben o que lles digo? que nin sequera meu maxín escribidor é quen de imaxinar unha sociedade española diferente, con contidos culturais televisivos nos prime times, co noso alumnado á cabeza do alumnado europeo e mundial en canto a rendemento académico. Non. Non son quen de pre-velo, de imaxinalo, de avanzarme a un presente paralelo de hipótese. Non será que esta sociedade galega e española nosa estivese dende sempre predeterminada? Alguén de vostedes imaxina algo alternativo? Cómo? Non será así e punto? Non será que noso carácter comunitario determina o que nos ocorre? Opinións cara o foro, por favor.

cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións