| NA
ÁGORA
Así
como as íes merecen levar os puntos encol para diferenciarse
de meros paus, innecesarios nestes tempos, os humanos precisamos
respirar. Sen abafos, libres, salaios de menta e relaxo, esquencendo
burras barbaridades do pasado. Quizais non gusten nosas liberdades
e licenzas, quizais non gusten os críticos xuízos
que se fan. Que de malo ten sermos cidadans do mundo con acento
galego? É tempo de convivencia e conivencia, progreso e heteroxeneidade.
Pois precisamos o osíxeno de sermos nós e non outros,
defender o propio e desenvolver teorías que corroboren defensas
tales.
O pasado pasou e pasa e tempo é de ser nós, definidos,
espidos, e non seres inertes sen criterio presas de feroces vendedores
de gamusinos. Autodeterminación dentro de nós. Ser
nós como intelectualidades quizais eclécticas, quizais
críticas, librepensadoras, espertas, lúcidas, medianamente
intelixentes e alleas sempre, sempre, sempre, sempre, sempre, sempre
ao dogma. Independientes do endogrupo. De calquera endogrupo. Situarnos
no centro da ágora da nosas relacións sociais, tomarmos
a palabra e definirnos. Necesidade. Botella de osíxeno.
Un que tomou a palabra
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|