| NEODUCACIÓN
Os
vellos mitos educativos conspiran cos que tentamos realizar unha
praxe docente o máis moderna posible. Conveño cos
que din que, grazas aos xesuítas no pasado, logrouse reunir
nun espazo cerrado a un numeroso grupo de alumnos de varias clases
sociais para impartirlles “educación”. Converténdose
a disciplina militar, a violencia física e a unidireccionalidade
profesor-alumno en catro máximas a seguir coma dogmas relixiosos.
Pois, ao fin e ao cabo, demasiados anos escola e igrexa se relacionaron
ao controlar esta a aquela.
A educación actual debería asumir que
os tempos aqueles xa quedaron onde tiñan que quedar, e a
disciplina férrea debería mutar en disciplina dialogante
e democrática, cunha interacción cos alumnos de dúas
direccións, procurando respectar os turnos de palabra e a
respectarse os uns aos outros. A educación ten que ser un
ente que evolúa cos tempos, e debería coller do pasado
unicamente espazos físicos, pois educación é
inculcación de hábitos, incluido o de pensar; o hábito
dos hábitos, que se acada dialogando, aportando emisións
e recibindo recepcións. Tan doado coma iso. Agardar, escoitar,
reflexionar. Espontaneidade, creatividade, enerxía. A outra,
a educación silente e marcial de antano, debería quedar
para as películas. Que si.
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|