O CABALEIRO ANDANTE

Xa tiña lido nesta sección de Bóveda perspectivas relativas ao metal; ao poderoso cabaleiro. O tanxible catalizador que fai bailar a algúns na punta da deda gorda do pé, a outros sentir inferiores, a outros pasalo mal coa súa carestía, a outros converterse no que non son, a outros traizoar seus principios, a outros supeditar a súa vida ao traballo, a outros converterse en delincuentes, proscritos, acredores, malfeitores, reos, inimigos, fillos predilectos, freguesas de honra, mal nacidos, a outros sufrir terribles conflitos internos consigo mesmos, a outros darse baños de superficie, a outros ter moitos “amigos”, a outros escravizarse co consumo, a outros envexar aos que se escravizan co consumo.

Non vou redactar un texto demagóxico a estas alturas, pois todos sabemos o que hai. Non se pode negar ao cabaleiro, pero si amosar certo sentido crítico razoando ao tratar con el. É inestable e hai que saber afrontalo con coherencia e sexto sentido (o común). Os mortais humanos sabemos que cabaleiro cómpre; compre ter as necesidades cubertas sen superfluidades, sen caer na dinámica parva do consumo exacerbado, non cambiar os trebellos de uso ao toque marcial dos tambores dos mercadores. Consumir con Cabaleiro pero con cabeza tamén; co de dentro da cabeza. Ter as necesidades cubertas e intentar evolucionar por dentro. A evolución externa apoiados en Cabaleiro é cousa de apetencias e motivacións. A min non me motiva. Para non subxugarme en exceso baixo as súas gadoupas prefiro ter o básico e dedicarme a alimentar o espírito, ou esencia, ou como se chame o que levamos moi dentro... lendo, por exemplo. Raro? ler, ler, ler até de costas; até perder o coñecemento, pois como dixo alguén na Auria unha vez: Yo no quiero “una pasta” para vivir, quiero leer y leer para mejorar mi pasta. Así de sinxelo. Ou non? Discrepancias? Hai un foro nesta sección.

O Lector conforme mais non conformado

O CABALEIRO ANDANTE
© 2007 Jorge E. Bóveda
cretine4@hotmail.com

Pasa a criticar/comentar el texto en el foro "El fotomatón":
http://boards.melodysoft.com/FOTOMATON/

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións