O ITSMO

Ola internautas ou interneteiros, preséntome. Resulta que son un pensador de atalaia. Un sociólogo da universidade de Uvicus. Un deses cadeirádegos que razoa sobre a sociedade e escribe libros especializados encol do tema. Un deses pro homes do presente e o futuro que nunca se lle ocorreu incluírse nas súas propias diatribas. Teño sesenta anos e nunca se me ocorreu facer os meus ensaios en primeira persoa do plural “nós somos así, nós somos andando” senón máis ben é xusto recoñecer que tirei máis pola segunda do plural: “vós sodes así, vós sodes andando” e pola terceira do plural: “eles son así, eles son andando”.

E cal é o porqué desta confesión? pois porque me decato, en pleno ano dous mil sete, de que os meus alegatos foron, basicamente e para reducir, en contra do individualismo en favor dun colectivismo, e que o resultado hoxe é que non só somos cada vez máis individualistas, senón que eu son un deles. Levo trinta anos vivindo nunha comunidade de propietarios e non só non fun nunca a unha reunión de veciños, senón que nos meus contactos comunicativos con eles non pasei nunca do Ola e do Adeus. Cando os fillos eran pequenos era un auténtico suplicio levalos aos parques porque me daba pánico establecer contactos comunicativos cos outros pais; homes e mulleres que non me aportaban nunca nada do que eu cría merecer —non esquezan que fun un ensaísta—. Defendín a Francesco Tonucci coas súas marabillosas teorías sobre o desenvolvemento psíquico infantil xogando nas rúas, pero sempre delegaba na miña muller as labores de supervisión dos nenos en tal entorno. Eu prefería estar inmerso nos meus interesantísimos ensaios sobre socioloxía.

E por qué cren que me decato agora e todos estes anos esta situación pasoume deprocatada? pois, queridos lectores, pola sinxela razón de dar de fociños cunha idea sinxela pero tan transparente coma o cristal e tan dura coma a pedra. Unha idea que escoitei casualmente nunha conversa entre o compositor Fernando Fernández Picos e o escribidor J.E. Bóveda. Unha que rezaba así: O QUE DESCRIBE A REALIDADE ESQUECE MOITAS VECES QUE ESTÁ DENTRO DELA. Pois si.

O sociólogo irreal

 

O ITSMO
© 2007 Jorge E. Bóveda
cretine4@hotmail.com

Pasa a criticar/comentar el texto en el foro "El fotomatón":
http://boards.melodysoft.com/FOTOMATON/

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións