A PANACEA DA CONCORDIA LAICISMO/RELIXIOSIDADE

A concordia en calquera ámbito é unha sorte de medicamento que se tende a confundir coa hipocrisía. Pero a concordia consiste en concordar cos foros interiores acougados, senón, se se concorda cos foros interiores fervendo, corremos o risco de aproveitar un mínimo momento de tumulto para desatar as feras que en realidade se reprimen coa hipocrisía.

Como medicamento que podería ser, levaría un prospecto que podería dicir máis o menos o seguinte:

POSOLOXÍA:

— Empregue as relixións como bálsamo na incerteza deste mundo de vidas finitas, que de traballar en prolongar esa brevidade xa se encargarán a ciencia e os científicos. Pero, por favor, non lles poña atrancos.

— Os escépticos e aláteres non deben ir en contra dos que empregan a relixión como bálsamo, pero estes tampouco deberían interferir no devir dos outros. Tampouco se trata de rivalizar coma se fosemos os tigres e os leóns (todos queren ser os campións) de Torrebruno. Nin o Barça e o Madrid, nin sequera o PP e o PSOE, nin moito menos caer no erro de adscribirse á biblia e ir en contra dos adscritos a A orixe das especies de Darwin. Nin viceversa.

— Empregue a relixión no seu foro interior, pero non se beneficie das gadoupas da institución e se esta se pretende beneficiar de vostede, reaccione.

— Teña fe no mundo ultraterreo, pero tamén nos que non teñen súa fe, nos obcecados noutras índoles ou relixións ou confrarías ou pólas da súa relixión maioritaria.

— Non defenda seu único modelo familiar. Deixe fluir. Respecte ás persoas que están concibidas para amar a quen queiran, ou que estean con quen queiran e fagan uso (e non abuso) do mecanismo do goce sempre e cando non obriguen a outras persoas a quebrar súa vontade.

— Viva e deixe vivir. En caso contrario vostede pode producir fastío.

Outro descubridor da pólvora
UNHA PANACEA
© 2008
cretine4@hotmail.com
Pasa a criticar/comentar o texto no foro "El fotomatón":
<http://boards.melodysoft.com/FOTOMATON/>
VISITEN TAMÉN (se queren e se lles pon ben):
http://openultimochanzo.blogspot.com
http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións