| PAXAROS
Neste tempo estival que nos ofrece o clima cambiado en antítese co abafante calor do pasado abril os homes e mulleres son capaces de imitar o canto dos paxaros. Ou acaso os paxaros imitan os cantos que son capaces de emular os homes? Non sexamos dogmáticos, non. Fuxamos deso. Nin no verán, nin no inverno nin nunca.
Por certo, son un paxaro, pero non no senso pexorativo que ten vostede en mente. Son un corvo ou unha aguia, aínda non o teño claro. Non importa.
|