| A
PEDRA PRECIOSA
Existe
un regalo que moi poucos regalan. Témolo todos agochado pero
non somos quen de ofrecerllo a outras persoas. Por que? Pois porque
queima moitísimo, é un regalo candente que ten unha
temperatura inaturable para ser sostido na palma da man e ofrecerllo
a quen o merece. Porque si, internautas, hai xente que si merece
esta preciosa pedra tras os correctos comportamentos, as condutas
de altruismo, as mostras de empatía...
Moitos merecen esta pedra preciosa que moi poucos dan. Hainos que
fan o esforzo de embutir a man nunha luva para que a xema preciosa
non os queime, pero tanta é a temperatura, que fura os panos
máis innífugos, facéndonos tristes ao comprobar
unha e outra vez e outra o escaso que é o número de
persoas que reparte esta xema, este diamante fundamental, entre
os parénteses dun sorriso.
Que mágoa. Morreremos, pois, coa nosa xoia da GRATITUDE,
nas nosas mesiñas de noite. Agardando, coma quen agarda imposibles,
a que arrefríe.
Un que regalou súa pedra preciosa.
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|