RELATO CÍCLICO

A humanidade móvese entre moita repetición e pouca innovación

Vivimos de xeito inconsciente nun sistema de aconteceres ciclados. Os veráns, cun verán máis nas portas, as festas de Ourense, cunha festa máis a piques de comezar, os gobernos de esquerda e de dereita, cun goberno de dereita na Galicia e outro a piques de chegar a nivel nacional... e é que nos repetimos como humanos que somos, reiterativos, intermitentes, pero sempre acudindo ao punto de partida. De que serve innovar? de non moito, pois.

A invasión do Iraq xa se fixo polos mongois en Bagdad no ano catapún. Calquera berro ou discrepancia conduce a un conflito que desencadena unha guerra. E as guerras son todas o mesmo. A democracia xa a había na Grecia clásica, antes dos reinados tiránicos. O laicismo moderno e progresista xa se deu na época da Ilustración. O “turismo termal” xa se deu na época da romanización.

Todo o anterior fainos sentir arrepíos ao pensar que neste suposto século XXI da suposta era que nos contextualiza pode chegar calquera cousa en estado de repetición histórica. Botemos a vista no rango de tempo dende hai cinco mil anos até hoxe e poñámonos a tremer. Dígocho eu.


cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións