| SATANISMO
Lembro
unha entrevista de radio que lle foi feita a un experto en demonoloxía,
cuxo nome esquecín. Este home falaba pesimistamente que o
cataclismo de Satanás andaba preto porque a nosa sociedade
era, abertamente, satánica. Que Satán ten fío
directo co hedonismo a calquera prezo, co pasalo o mellor posible,
con levarse polos camiños doados e mandar o esforzo a paseo.
E exemplificaba o home cos becarios de antano, que traballaban duro,
entusiastas, éticos e responsables, cando os becarios de
hoxe preguntan canto van cobrar, andan a fuxir do traballo, non
se comprometen con nada, non se responsabilizan de nada, e son capaces
de nor ir traballar alegando que teñen un uñeiro nun
pé que lles causa moita dor.
Ben, penso nesta sociedade, cumio da liberdade de
expresión, e descrendo do maniqueísmo satánico,
que esa concesión pola facilidade ven en parte marcada polo
advenemento da tecnoloxía dixital da internet, onde podemos
acceder a todo inmediatamente (polo xeral ocio). Da chegada dos
novos contidos para a televisión, formatos onde o éxito
chega nun tris sen facer esforzos, e do acomodamento dunha grande
cantidade de persoas a estas situacións. Se as situacións
duran máis dunha década teñan por seguro que
se arraigan coma samesugas, producindo as actitudes que vemos ao
noso redor.
Para máis preocupación, algún
tertuliano deses outros programas de televisión inefables,
defende esta nova ética do “canto máis e máis
rápido mellor”, tildando aos que nos decantamos polo
esforzo paciente, de reaccionarios dun pasado que no pasado ha de
quedar.
Ese si que é o verdadeiro satanismo, a conivencia co fraco
esforzo. Que medo!!!!!! Hai algún exorcista na sala?????
Cociñeiro a lume lento
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|