| ...SERÁ?
Este
que subscribe opina que os que se dedican á cultura e á
intelectualidade perden a esencia cultural ou intelectual ao divulgar
aspectos culturais e intelectuais en detrimento do afondamento persoal
na intelectualidade e a cultura. Para que me entendan. Que sería
de Joyce, Kafka, Borges ou Pedrayo -por exemplo- se investiran TODO
o tempo dedicado á súa produción literaria
en falar de literatura en prensa, radio ou televisión????
pois que non serían nin Joyce nin Kafka nin Borges.
Esto ven a conto porque se me ocorreu unha pregunta extensible
aos ámbitos englobados na intelectualidade e na cultura:
será cultura falar de cultura? Será literatura falar
de literatura? Será filosofía falar de filosofía?
Será arte falar de arte?... pois non.
Os que sintan a chamada dalgunha disciplina do ser, que non perdan
o tempiño en divulgacións. disquisicións, cenáculos
porque seu intrínseco deber é responder a esa chamada
e non o demostrar o moito que saben sobre algún tema monopolizando
paparotas, francachelas e algaradas diversas. A gaita para o gaiteiro.
O escritor a escribir. O que moito queira refulxir quizais non sexa
tan escritor como se pensa. Ou pensan que si?
Un escribidor
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|