SERES DE PEDRA

Esta tempada na que se cumpliron douscentos anos do nacemento do apoucado Poe (19 de xaneiro) borrachiño, adícto ao opio e influencia de tantos e tantos e tantos escritores (aínda que algún o negue), penso en algo que nos da pulo para vivir, aínda que se sexa desacougados, algo que nos converte en seres de pedra que camiñan pola existencia tan só desexando, ás veces por desexar. Ven sendo pois esta perspectiva irmá doutra desta sección titulada DESIDERATUM AQUEL.

É que somos seres de pedra, estólidos e decorrendo co estoicismo do frenesí da vida parva, envoltos na rede social de ladróns maquillados que manexan teu devir pois cren que todos tamizamos nosa felicidade coa nosa economía: tés, vales, naftalina traxe, Brummel, Channel número vinte... mediocridade.

Seguimos a ser os seres de pedra, feitos coas pedras dos camiños que non somos quen de transitar. Sempre coa ansia de andar camiños duros, impracticables. O superficial feo devece por ser guapo, o groso superficial quere ser delgado, o baixo alto, quen pouco ten moito quere ter, quen moito posúe está forrado, pero nada é; quen moito posúe quere amizade a base de cheque, ou chegar a cousas que non lle pertencen, comer mais mundo polas dúas pernas e todo lle é pouco.

En definitiva, que os seres de pedra queren camiñar veredas alleas e outros seres de pedra camiñar queren alleos vieiros. Sempre máis, sempre distinto... porque os seres humanos non somos máis cós CAMIÑOS QUE NON CONSEGUIMOS TRANSITAR.

Disconforme conformado

cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións