| SEXO
*
*
Sinto recorrer a unha estratexia de tal calado para reclamar a vosa
atención, pero a importancia desta perspectiva ben merece
mañas coma esta.
Moitos artistas máis ou menos intelectuais, chamémoslles
escritores, atraloucan súas mentes con fantasías sobre
a trascendencia futura das súas persoas e das súas
obras; sobre deixar unha impronta ou pegada (ou impronta pegada)
que sexa minuciosamente examinada e considerada, coma se dun evanxelio
se tratara, por hexéxetas diversos e variados que fagan chegar
a obra e milagres a todos os recunchos deste planeta mandarina.
Lamentablemente, queridos escritores que ansiades trascender, opino
que a vulgaridade do cinema -pois o cinema vulgariza á cultura-
e a mediocridade dos medios audiovisuais cos seus fogonazos de cor
e diversión, fará que trascendades, si, pero en círculos
pechados, en cenáculos, en redutos de soñadores que
viran. Non agardedes unha trascendencia popular.
Pois esa trascendencia, a popular, está reservada para superman,
o home araña ou o conde Drácula e o monstro de Frankenstein,
desvirtuados, pobriños, até o paroxismo. Se tedes
sorte, quizais a trascendencia estea reservada para algunha das
personaxes das vosas novelas, sempre que sexa quen de facer amosar
empatía coa humanidade media: Tarzán si, pero quen
contra é Edgar Rice Burroughs? Pois o penitente que pasou
milleiros de horas escribindo as andainas do home mono e agardando
un anaco de TRASCENDENCIA. E pouco máis.
Santiaguiño do Curral
UN INTRASCENDENTE
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|