| O
TRAXE NOVO DO ENDOGRUPO*
Exaltación
dos valores propios en detrimento dos valores dos demáis.
Ultimamente manca, pasándolle por riba a eses vocábulos
recén chegados ao noso presente progresista: igualdade, asertividade,
empatía, etc, que se traducen en políticas sociais
equitativas nunha sociedade na que unha parte humana toma desas
políticas o que quere e lle interesa e despreza e critica
o resto.
E dentro desta dinámica de aproveitamento e
desprezo seguimos a ter a conciencia do endogrupo*, dentro do cal
o que pertence ao teu grupo é superior ao dos outros grupos,
porque si, por unha “divina” atribución que da
unha aparencia similar, uns comportamentos clonados, ou o sangue
do teu sangue.(Si, a familia é un endogrupo).
Ano 2008: Vivimos con traxes novos e limpos pero,
dentro desa roupa, continuamos a ser da mesma esencia, sen querer
aprender nada novo, senón ansiando que nos lembren o “moito”
que sabemos. Competindo, comparando e arrimando ao endogrupo os
éxitos e ao exogrupo os fracasos. “Non está
formado noso mundo senón para a ostentación: ínflanse
os homes (e mulleres) só con vento e manéxanse a choutos
como os balóns”. Frase esta dun pensador e ensaísta
do século dezasete. Sóalles.
PD: como en todas as perspectivas de O Fotomatón,
hai honrosas excepcións aos comportamentos mentados.
Un Endoexogrupal
cretine4@hotmail.com
visite o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
*ENDOGRUPO: É o grupo de referencia ao que
se pertence, onde se manexan os mesmos códigos, a configuración
da identidade social do grupo ven dada pola percepción de
semellanzas. EXOGRUPO é o grupo que se percibe distinto e
ao que o ENDOGRUPO da unha valoración negativa.
Endo(dentro): dentro do grupo.
Exo(fóra): fóra do grupo.
|