UNHA LÁMPADA

Penso que as lámpadas, as clásicas bombillas que alumean nosas estancias só se poden restituír, cando afunden, virándoas até extraelas do casquete. Pero seica non, seica hai outro xeito de o facer...

Non podo crer, por moito que tente asimilar, “paridas” como a paridade gobernamental. Atención, agarden antes de botar súas gadoupas afiadas riba de min, a paridade non é intrinsecamente unha “parida” senón o xeito idiota de interpretala por parte de algúns. Pois de existir persoal cualificado para unha labor, que demo importa se é muller ou home? No meu gremio (mestres) súper abundan as mulleres, e os homes non nos queixamos. Cada quen ha de preocuparse por facer seu traballo do mellor xeito posible.

O último que se escoita é que as directoras de cinema son menos en número cós homes. Non será que as mulleres abundan menos nas disciplinas cinematográficas? Semella que, en ocasións, o progresismo adquire matices ridículos, como no caso destas políticas de igualdade numérica de sexos.

O que si son flagrantes son as desigualdades salariais, laborais e de índoles similares, pero o feito de colocar en calquera ámbito ao mesmo número de homes coma de mulleres sen deterse a mirar cualificacións é tan parvo como darlle voltas a unha casa para cambiar unha bombilla. Cambiemos a lámpada desenroscándoa directamente. É dicir, xente cualificada e válida independentemente do seu sexo. Que lles parece?

Un pensante



cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións