VIVIR

Despois de escribir nalgunha ocasión do mal que se atopa o mercado editorial, que aposta máis pola literatura de xénero que pola de autor, exhibindo eu un punto de vista triste, apoucado e emocionalmente baixo. Hoxe, seis de abril do suposto ano dous mil nove, son quen de empregar unha trallada frase para definir miña sensación actual cara a literatura: VIVAMOS E DEIXEMOS VIVIR.

Eu gusto en exceso da prosa exacerbada, plena, turxente, complexa, de oracións longas, e humanas ideas espetadas de tal xeito que fan sangrar o texto; demostrando, como dixo Emerson (penso), que as palabras son vasculares e vivas. Amo a literatura das ideas e da introspección e tanto me ten que a moi poucos lles simpatice esa prosa espesa; esa literatura de autor (ás veces non sinten simpatía por ninguha literatura). A min tampouco me gusta a literatura de evasión de mercado esaxerado, nin os xéneros literarios que encorsetan, nin o fútbol, nin a meirande parte de programas da televisión, nin a posesión de cousas materiais como máxima vital, nin os ídolos, nin os deuses, nin as modas, nin a xente “chic”, ni “vip”, nin os saraos das persoas que non coñezo en persoa, nin as revistas do corazón, nin o consumo esaxerado de cousa calquera (alcohol aparte)...

Todas esas persoas encadrables en calquera deses [endo]grupos están no seu dereito lexítimo de rexeitar a literatura de autor, como eu os rexeito a eles, claro. Vivamos e deixemos vivir, navegantes senlleiros que visitades a sección esta. Visitades estas reflexións porque vos da a realísima gana, porque algo lle topades, por empatía, por curiosidade ou porque vos gusta. Porque vivides.

cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións