| O
XARDIÑEIRO TORPE
Hai
un tempo agasalláronme cun bonsai. Como non teño ningún
tipo de coñecemento botánico, salvo que sei diferenciar
unha leituga dunha escarola e una verza dunha folla de repolo, limiteime
a situalo no recuncho máis atraínte da miña
mesa de “operacións”, no meu estudio. A arboriña
adxuntaba un papel que dicía que o había que regar
cada tres días de determinada maneira. Dediqueime a relaxarme
en certas horas do día na contemplación da miña
arboriña bonsai, coas súas pólas, súas
follas e seu talo.
Miña impericia cara o contacto co vexetal fíxome
ver unha mañán, frustrado, que todas as follas caeran,
cando no envase que viña coa planta puña que era de
folla perenne. Meu gozo nun pozo, acabárase o bonsai, o pau
adquiríu aparencia de regaliz de pau e a terriña que
o contiña de leira erma. Nada. Así e todo, non o guindei
ao lixo. Mirei a diario súas poliñas como dedos de
esquelete, e seguin a regalo cada tres días para escarnio
dos outros habitantes da miña casa. Concedinlle unha segunda
oportunidade e, co tempiño, as follas reagromaron e o talo
colleu o colorciño pardo que soía ter.
Lección esta obvia que nos dí que quen sabe se nas
segundas oportunidades é onde se acadan os devezos. Que lles
parece?
Un xardiñeiro torpe
P.D: a fotografía é real. Corresponde
co Bonsai de J.E.Bóveda
cretine4@hotmail.com
Visiten o novo foro:
http://ofotomaton.wordpress.com
|