EL ESCRITOR OURENSANO JORGE EMILIO BÓVEDA PUBLICA UNA ANTOLOGÍA DE RELATOS: VUESENCIA

Jorge Emilio Bóveda, “escribidor” ourensán e colaborador desta casa, recolle nun libro unha antoloxía de relatos en castelán (50), recollidos nas súas dúas coleccións La Bandera del Alma e La Caja y Otras Historias, “escribidos” dende 1999 ate 2002. Trátase do libro titulado Vuesencia (Liberlibro 2008) que compendia historias dedicadas aos sentimentos más baixos e máis altos, e máis nada, dos seres humanos.

Jorge Emilio Bóveda:

Vuesencia tiña que ser. É un libro que compendia os case cincuenta relatos que perpetrei desde que sentín a necesidade de purgar sentimentos en forma de narración breve, en 1997, até 2002, ano no que puxen colofón (provisional) á miña fase contista. Ano dun punto clave no xeito que eu teño de ver literatura, xa que decidín darme en profundidade á novela e ao ensaio (non só escribir senón tamén, e tan importante, ler) e ás colaboracións xornalísticas con pouso de pensamento fondo.

Unha desas propostas literarias en galego, unha novela curta, chegará a principios do vindeiro mes de agosto.

Tiña que ser. Aquí queda Vuesencia coa aperta do escritor que se consagra consigo mesmo día a día. Buscando a súa esencia.

A xeito de preámbulo:

Vuesencia é unha antoloxía de relatos desiguais que falan de vostede, de min e de calquera. A maioría dos cales están recollidos nas coleccións do autor La Bandera del Alma (2002) e La Caja... y otras historias (2004). Algúns deles corresponden coa época da novela Proyecto Allende (liberlibro 2003) e o lector espelido recoñecerao no caracter aparentemente expositivo e näif deles.

Vuesencia despéndenos unha bebida fría, quente, doce, amarga ou desagradable a través da súa agrupación en tres bloques para unha maior “coherencia”:

- Relatos Amarelos ou grotescos, que, entre outras cousas, chiscan ao surrealismo e tratan de debuxar sorrisos de desasosego e outros sentimentos afíns.

- Relatos Verdes ou esperanzadores, que concitan sentimentos variados que converxen nunha gran ama de cría chamada esperanza.

- E Relatos Negros ou inquietantes que, entre outras lindezas, móstrannos os diversos tipos de esencias que flotan sobre a casca desta mandarina xigante que vira.

Este libro, ilustrado polo propio autor, forma parte da estadía nun chanzo literario do pasado e está á vosa disposición de dous xeitos diferentes:

1.- Gratuitamente, en formato libro electrónico, a través da web http://www.liberlibro.com

2.- En formato “romántico libro tanxible para apalpar e ulir” (en palabras do autor) polo prezo de 24 € (350 páxinas) temporalmente na oficina de mundourense.com e Ourense por Barrios, e máis adiante estará nalgunhas librarías da cidade.

 

Ir á Portada volta atrás imprimir Volver ó menú de Relatos e Disertacións