mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O CHOU afronta estes días unha alta demanda


Esta a producir un agravamento ou descompensación dos pacientes de idade avanzada e crónicos e conseguintemente unha maior presión de urxencias e demanda de camas. Tanto o persoal como infraestruturas están preparadas para asumir esta situación con normalidade.

 

O PSdeG esixe solucións ao balneario de Berán para que se faga rendible

Denuncia un presunto delito de prevaricación por parte do alcalde de Leiro: dúas sentenzas firmes do TSXG declaran nulas as expropiacións dos terreos de acceso a este balneario feitas polo Concello. A primeira destas sentenzas foi obviada polo alcalde que levou ao pleno unha nova expropiación.

 

+CINE proxecta o máis salientable da filmografía francesa recente


O 7 de marzo haberá unha sesión especial adicada ao Día Internacional da Muller con 'Simin e Nader'

 

Festa tradicional itinerante Venrespirar


A Asociación Cultural Algaravia e a AOFT-Gomes Mouro poñen andar un ano máis a Festa tradicional Itinerante Venrespirar.

 

Jornada sobre las ventajas y oportunidades de las redes sociales para las empresas

Las redes sociales, una oportunidad para mi empresa es el título de la jornada que el jueves 23 de febrero, se celebrará en la Cámara de Comercio de Ourense, actividad que tiene como fin ayudar a las pymes a obtener la máxima visibilidad y rentabilidad a su presencia en Internet.

 

Licitada a primeira fase da ampliación do parque empresarial de Pazos, en Verín

O parque de Pazos ten na actualidade unha superficie de 132.000 metros cadrados. A obra licitada hoxe sumará unha superficie adicional de 70.581 metros cadrados, dos que máis de 46.500 serán de uso industrial. Preto de 11.000 metros cadrados da ampliación están xa comprometidos, o que supón case o 23 por cento do total da actuación.

 

Resultados diversos do Rugby ourensán

Os seniors ourensáns non puideron dar a sorpresa e impoñerse ao invicto líder da liga, o Universidade de Vigo. Mentres, o equipo infantil de Campus Ourense conseguiu unha importante victoria contra Mareantes de Pontevedra, que presentaron o equipo con maior potencial físico.

 

A unidade psiquiátrica de agudos do CHOU leva 11 días sen ascensor

O PSOE denuncia que os pacientes que ingresan, en moitos casos sedados, teñen que ser subidos en volandas por ata 6 celadores, e no caso dunha urxencia a outro departamento o traslado sería extremadamente difícil.

 

Victoria "in extremis"


El Ponte Ourense gana su encuentro contra el Burela en el último minuto, gracias a un gol de Ana.

 

Victoria del Balonmán Pabellón en Caselas


Primer partido y primera victoria del Balonmán Pabellón en la fase de ascenso lo que le lleva a mantenerse líder en solitario para ascender a la 1ª Autonómca.

 

Defendendo as nosas cores: Helena del Río


A xoven Helena del Río Otero, non o dubidou un so momento en canto recibiu a chamada de Manolo Codeso para incorporarse á disciplina do Cidade As Burgas. Agora compaxina os partidos co equipo de autonómica xunto coas convocatorias do primeiro equipo.

 

Sin justificación


CD Ourense pierde una oportunidad de oro de acceder al primer puesto tras empatar (0-0) contra el Cultural Areas.

 

19ª Mostra da Oportunidade


Esta cita terá lugar en Expourense entre o 2 e o 4 de marzo. Os visitantes que se acheguen en tren poderán beneficiarse dun 30% de desconto en RENFE, AVANT incluído.

 

Máis de cincocentos cincuenta veciños de Coles e Nogueira de Ramuín poderán acceder á internet

Once núcleos de poboación beneficiaranse do despregamento, que continuará nos vindeiros meses. Poderán acceder ás mesmas ofertas que nas cidades, e en toda a área verase mellorada a cobertura de datos en mobilidade.

 

Barrios Deportivo 50, xa na rúa


A noticia de portada do número 50 do Barrios Deportivo é o bo momento que están a atravesar o CD Ourense e Club Ourense baloncesto. Dúas vitorias nos dous últimos encontros é a bagaxe tanto de "rojillos" como de cobistas e cun cambio de tendencia notable con respecto ás últimas xornadas.

 

O BNG urxe a apertura da planta do Hospital Piñor para paliar a saturación do CHUO por falta de camas

Tereixa Paz faise eco das queixas de pacientes e familiares polo espectáculo de corredores cheos de camas á espera dunha habitación. O grupo parlamentar do BNG, a través da súa deputada Tereixa Paz,urxe a apertura da planta do Hospital de Piñor para facer fronte á situación de saturación que se está producindo no CHUO debido á falta de camas.

 


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google 


Próximos Eventos


Banner

hemeroteca...