mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Maios 2011

E-mail Imprimir PDF


As actividades desenvolveránse o día 1 de maio no contorno da Praza de Santa Eufemia e Xardíns Pai Feixoo.

A Concellería de Cultura está xa a traballar nunha nova edición da festa dos Maios da cidade, unha das celebracións de maior tradición en Ourense e que a a edil responsábel de área, a concelleira do BNG Isabel Pérez, destacaba hoxe como “unha das citas clave do ciclo festivo anual que é preciso pór en valor”.

A festa celébrase nesta edición o vindeiro domingo 1 de maio, e ocupará parte da rúa do Paseo até os Xardín de Pai Feixoó, rúa Lamas Carvajal e Praza de Santa Eufemia. Como en anos anteriores, a exposición das construcións participantes compleméntase cunha mostra de fotografías antigas da celebración ao longo da historia da cidade,” Maios na Memoria”, que se ubicará na Praza de San Martiño.

A Concelleira de Cultura e Tenente Alcalde presentou no Auditorio o programa de actividades para estas datas e convidou aos veciños e veciñas a participar cos seus maios e coplas lembrando que o prazo de inscricións aínda esta aberto. Como vén sendo habitual a Concellería de Cultura convoca un concurso para premiar os mellores Maios e Coplas que deben presentarse conxuntamente.

No categoría de Maios existen dúas modalides, o Maio Enxebre, cun premio dotado en 250€ o Maio Artístico, cuxo galardón aumentouse este ano aos 450€ “en vista das observacións e suxerencias que nos veñen comunicando os participantes en edicións anteriores”. O premio das Coplas será de 150€, sendo condición indispensable remitir unha copia á organización coa que deixar constancia no Arquivo Municipal duns documentos “que son verdadeiras crónicas da actualidade da cidade ao longo do tempo”, apuntou Isabel Pérez.

Declarada no ano 2001 Festa de Interese Turístico da provincia os Maios son unha das festas de maior tradición na cidade, unha celebración da primavera que actúan tamén “como exercicio de memoria histórica que é preciso preservar”, indica hoxe Isabel Pérez, quen tamén destacou a importante participación da cidadnaía “non só como espectadore, senón como elaboradores do Maio, a través dos colexios, as asociaicóns culturais, veciñais, etc.”

O programa dos Maios 2011 iníciase cun concerto do grupo portugués Deolinda o día 29 de abril ás 22.00 horas na Praza de Santa Eufemia.

O propio día 1 a mañá comenzará con animación de rúa da man de Os Carunchos e a partir das 11.00 horas xa se poderán ver expostos as primeiras construcións.

Ás 12.00 será o momento de escoitar ás coplas e contra as 12.30 está prevista unha actuación da Banda Municipal de Música.

As 18.00 horas a praza de Santa Eufemia acollerá a actuación das Cantareiras de Castro Floxo e a continuación faráse entrega dos premios aos Maios e Coplas gañadores.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Banner

Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google