
A feira do mes de Abril de Castrelo de Miño estará adicada a todos os cativos e cativas. Haberá inchables e poderase camiñar sobre o río Miño.
O Concello de Castrelo de Miño organiza este 24 de abril, último domingo de mes a habitual Feira de Castrelo de Miño no entorno do Parque Náutico.
Neste mes de abril o concello vai organizar unha feira adicada aos rapaces e rapazas.
Como novidade do mes, nesta ocasión a maiores da parte comercial haberá un gran espectáculo infantil. Nas inmediacións da feira no parque náutico, instalaranse un inchables con monitores, aos que se poderán subir nenos e nenas. A mellor hora para asistir a esta experencia será entre as 10:00 e as 14:00 horas..
Ademáis, nos pantaláns do parque náutico á beira do río, e con varios monitores que organizarán a actividade, poderase camiñar sobre o río Miño, grazas ás innovadores powerballs, que permiten andar sobre as augas. Esta actividade poderáse realizar tamén entre as 10:00 e as 14:00 horas.
E como xa é habitual no recinto feiral haberá:
- Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de produtos: roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega...
- 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño
- Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais




























