Espero que isto de recoñecer a debilidade sexa un paso importante na superación da miña adición. Eu pensaba que só a cafeína e o chocolate requirirían terapia o dia que decidise desengancharme, pero estas sustancias xa atoparon un rival á súa medida.
É algo serio, porque a min, isto das relacións a distancia ou baseadas en aparellos tecnolóxicos, nunca me chamaron demasiado a atención. De feito, aínda lembro o cabreo que me collín cando regaláronme o meu primeiro móbil. Deixeino catro días dentro da caixa, tentada en mais dunha ocasión a devolvelo á tenda. A dia de hoxe, non me poño taquicárdica si o esquezo ao saír de casa ou o deixo apagado durante mais de 24 horas.
Con todo, con esta rede social foi diferente. É certo que a primeira vez que me convidaron a unirme ao Facebook pensei: “boa parvada”. Supuña, ilusa de min, que oito horas laborais fronte a unha pantalla eran xa demasiadas horas perdidas cun computador. Con todo, non sabía canto me equivocaba nin no lío no que me metía cando, coma se fose Neo, decidín aceptar a invitación e tirarme de cabeza.
Aos poucos fun descubrindo as marabillas do Facebook e, con cada amigo que agregaba, a adición ía aumentando. A cuestión xa non era estar diante dunha pantalla, senón dentro: Vivir unha vida virtual, conectarme e falar co mundo non con palabras, senón a teclazo limpo.
Deime conta de que isto empezaba a tomar tonalidades preocupantes cando unha tarde atopeime saíndo disparada do traballo só para chegar a casa e conectarme ao computador para comprobar se alguén deixara algún comentario no meu muro ou se fulanito de tal subira xa as fotos da festa do día anterior. E é que agora xa non saes de esmorga un sábado pola noite a pasalo ben, senón que o fas para sacar fotos e colgalas no face para que o mundo enteiro goce da cara de lercha que se che queda cando levas dúas cervexas de mais.
A partir de ahí a cousa empeorou. O feito de descubrir como compartir vídeos non me fixo a vida mais fácil. Todo o contrario: Agora tamén estou enganchada ao YouTube nunha especie de competición absurda de ver quen sobe o vídeo mais molón, ou a canción mais chula. O que reciba mais “gústame” gaña.
Imos, que o chocolate e a cafeína son a menor das miñas preocupacións!
Con tanta aplicación, sintome como un Avatar vivendo en Pandora onde todo é mais atractivo e, enganadamente, mais autentico. Xa non quedo coas miñas amigas para o café das cinco. Uy!, a esa hora toca botar unha visual que me poña ao dia da vida dos 190 individuos que teño na miña lista de amigos dos cales só coñezo a 50, ou regar algunha hortaliza na FarmVille. Hai que ver! Co que odiaba eu subir á terraza a regar as plantas da miña avoa e agora son toda unha McDonald, Iha iha oh! En fin.
Supoño que algún de vós xa pasáchedes ou estades pasando por isto. E si o meu oculista me esta lendo, estar a fregar as mans porque, con esta parvada coa que un gringo fíxose de ouro, as dioptrías subíronme mais que o IVE e o Euribor xuntos.
Espero que só sexa unha fase. Polo si ou polo non, nin me achego ás invitacións de Twiter, ou Tuenti.
Raquel Sertaje






























