mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Aberto o prazo de inscrición

E-mail Imprimir PDF

A Universidade Popular oferta máis de 70 cursos e obradoiros

O Concello de Ourense está a piques de comezar un ano máis unha das actividades cun nivel de participación máis elevado. Despois de superar no pasado curso o millar de inscritos, a Concellería de Educación abre o 1 de outubro o prazo de inscrición para todos os interesados que desexen participar. Á completa oferta de actividades que se ofreceron en edicións anteriores, únense dez novos cursos, como “marketing e publicidade” ou “automaquillaxe”, acadando un total de 72 actividades ofertadas.

A programación de cursos está destinada a tódolos cidadáns interesados maiores de 16 anos, cun custe por curso de 33 euros e un máximo de inscrición en catro cursos por usuario. A Concellería de Educación lembra a tódolos interesados que un dos requisitos máis importantes na selección do alumnado é a orde de inscrición, polo que recomenda realizala o antes posible para garantir a praza.

A formalización da inscrición pódese realizar dende o venres 1 de outubro nas dependencias da Concellería de Educación, na praza de San Martiño. Máis información no teléfono 988 388 136.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Banner

Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google