“O noso compromiso con Ourense pódese ver no noso apoio ao desbloqueo do BIC das Burgas e na nosa defensa dos intereses xerais de todos os ourensáns. Pasaron xa os 100 primeiros días do presente mandato municipal e, polo tanto, tamén os primeiros 100 dias de “gracia” no novo Bipartito.
Como define vostede este inicio de mandato?
O bipartito que hoxe temos é unha reedición do anterior, ainda que coas forzas máis desequilibradas dada a perda de peso político do BNG. Desta unión de partidos perdedores nas urnas temos hoxe un Bipartito coas mesmas infraestruturas pendentes e interesado máis en manter as súas cuotas de poder que en defender e solucionar os problemas dos cidadáns.
En que basea vostede esta afirmación?
É moi doado de explicar co exemplo do Xardín Botánicode Montealegre. Ese suposto proxecto “estrela” do anterior mandato, sen ser xardín nin ser botánico, foi inaugurado a toda prisa un día antes da toma de posesión, co único fin de regalar ao concelleiro saínte una festa de despedida para maior gloria súa e dos seus compañeiros de Bipartito.
Daquela non importaron as súas graves deficiencias en materia de seguridade, saneamento, falta de electricidade ou accesibilidade.
Tampouco importou que 100 días despois as plantas secasen por falta dun sistema de rego en condicións. Só importou a foto e os fastos alí despregados. E así foi que agora, co cambio de cromos tralas eleccións, a concelleira titular tivo que verse na obriga de pechar esta instalación, que aínda non foi recepcionada polo Concello, o que significa que non é municipal, ante o medo a que ocorrese una desgracia despois de organizar excursións guiadas polo recinto e con traballadores alí destinados sen ser una instalación municipal.
Que lle parecen medidas anunciadas polo alcalde como a de recortar axudas aos funcionarios?
Paréceme un despropósito que por un lado pidan “austeridade” aos funcionarios a costa de recortarlles as súas axudas (que auspiciaron hai dous anos) e que polo outro, sexa a concelleira “non electa” a que anuncie esa medida.
O seu cargo é precisamente o máis prescindible, o mesmo que o de Directores Xerais, xa que estes só sirven para pagar favores políticos e non foron persoas elexidas nas urnas polos cidadáns. O de Ourense é o concello con máis dedicacións exclusivas dentro do seu Goberno, con 11 concelleiros liberados máis os cargos anteriores. E ainda por riba, non deixan de realizar contratacións a dedo pola porta de atrás, máis de 50 dende o 22-M, como foi a da filla do concelleiro de Facenda. Penso que antes de pedir austeridade, para ter credibilidade, deberían comenzar por eles mesmos.
En que baseará o seu labor ao frente do principal grupo da oposición?
En defender por riba de todo os intereses de todos os ourensáns, como é o emprego e a posta en valor dos nosos recursos, xa que neste senso pedimos a execución do Plan Estratéxico Termal e tamén amosamos a nosa defensa da inclusión do BIC das Burgas nas normas urbanísticas provisionais. A nosa oposición será firme e vixiante, así como leal e colaboradora nos temas de interese xeral para todos.





