mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Aquelas mulleres

E-mail Imprimir PDF

Estes días, coa volta ao colexio dos nenos, coa volta das vacacións das familias que puideron irse a gozar despois dun ano de traballo, coa tensión que todo iso produce, pareime a pensar naquelas mulleres, aquelas de fai 50 ou 60 anos, aquelas mulleres que se levantaban ao amencer para preparar almorzos sen microondas, aquelas que preparaban a roupa para dous tres catro ou moitos máis nenos, facían a limpeza, a comida, pasaban o ferro con ferros de ferro, sen centros de repasado, lavaban a roupa a man e púñana “ao clareo”, non tiña lavadoras con centrifugado nin función antiarrugas, lavaban de xeonllos ou en incómodos pilóns. Ían aos mercados ou ás prazas e con pouco tiñan que facer comida para un rexemento.

Ao chegar a casa todo estaba listo, o marido sentaba a comer despois dunha dura xornada de traballo sen decatarse tan sequera de que todo ao seu ao redor non era obra duns trasnos, que a roupa limpa non aparecía por encantamento nos armarios.

Esas mulleres que eran nais, esposas, economistas, malabaristas, artesás, costureras e aínda tiñan tempo para darlle aos seus esposos o que con votos sacros prometeron, onde o respecto era algo implícito por ser muller, onde non cabían reproches ou queixas.

E sempre saían airosas das situacións máis inverosímis, porque a imaxinación da muller daqueles anos era tan grande que cun trapo facían unha boneca con botóns por ollos.

E que felices eran os nenos daquelas nais. E elas? Dalgunha maneira creo que sí, que eran felices porque desempeñaban o papel para o que foran criadas, desempeñaban unha función, que elas vían plena, pero que moi poucos vían como elas, unhas mulleres loitadoras e valentes.

E hoxe? Queixámonos porque os nosos fillos empezan o colexio e hai que comprarlles os libros, a mellor mochila, o estoxo de moda e a roupa se pode ser de marca.

Queixámonos porque temos que traballar nun traballo que nos pagan, e despois na casa seguir traballando porque iso non cambiou, temos que seguir traballando, pero temos lavadoras con centrifugado, microondas, centros de repasado, temos estudos e podemos e temos o dereito a queixarnos, a protestar cando algo non nos gusta. Temos privilexios que nos fan a vida máis fácil, benditos privilexios!

Pero eu pregúntome, non nos queixaremos moitas veces de máis?

Eu estou orgullosa de ser muller, nai, esposa e traballadora, pero gustaríame ter a forza, a valentía e o orgullo daquelas mulleres que traballaban moito máis ca min.

Gustaríame que o meu fillo ademais de medrar cunha educación baseada na igualdade (polo menos iso intento) o fixese vendo a unha nai forte e firme, unha nai que está ao seu carón no bo e no malo, que se crece sabendo que unha muller pode chorar mentres loita, porque chorar non é debilidade, é rabia ou impotencia; porque os problemas existen, pero hai que aprender a solucionalos.

Gustaríame que medrase valorando o que ten sexa máis ou menos, sabendo que as cousas hai que gañalas.

E iso facíano moi ben as mulleres de fai 50 0 60 anos. Elas houbesen aprendido moito de nós, pero nós, aínda que haxa quen pense o contrario, tamén podemos aprender moito delas.

Creo que agora loitamos porque se nos valore, porque se recoñeza o noso duro traballo e non somos felices na loita, mentres que elas sabíanse as donas e amas da súa casa, sabían que sen elas a súa casa afundiríase e ese era o seu segredo para continuar co seu duro traballo de muller naqueles tempos.

Mónica F. Pintos

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar

"Mulleres anonimas" pretende ser un espacio donde contar historias de mujeres que, sin ser famosas ni conocidas, tengan algo destacable. Un lugar en donde contar historias de gran calado emocional. Una columna donde, además, las mujeres que lo deseen puedan contar su historia, denunciar o pedir algo.

Mónica Fernández Pintos, escritora por vocación, publicó su primer libro "QUE LOS NIÑOS SE VAYAN AL CAMPO" basado en hechos reales y ambientado en el Madrid de 1936.
Sus mayores aficciones son leer y escribir y en estos momentos trabaja en su segunda novela.

Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google