En relación á resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que anulou os acordos que conduciron o peche dos estudios de Física no campus de Ourense no ano 2009, a Confederación Intersindical Galega (CIG) desexa facer pública una toma de postura sobre este conflicto.
Na liña adoptada en 2009, cando a CIG apoiou as medidas de sensibilización social e movilización promovidas polos profesores de Física, é a nosa intención agora comunicarlle, tanto a cidadanía como ós representantes institucionais con competencia neste asunto, que a solución ó problema creado pasa pola coexistencia dos estudios de Física e os de Ciencias Ambientais.
No caso de Físicas consideramos que a transformación da antigua Licenciatura nun grado en Enxenaría Física conforme ó Plan Boloña é unha medida perfectamente axeitada no marco dos criterios de viabilidade da Xunta de Galicia para títulos no Sistema Universitario Galego (SUG). En efecto, un grado en Enxenaría Física non só tería carácter exclusivo no SUG senón que sería un dos poucos no territorio nacional nesta disciplina. É presumible polo tanto que este grado resulte atractivo tanto para os alumnos da propia cidade como para xente de todo o país que desexen adquirir este coñecementos. Por outra banda, tal e como suxire o seu nome, a Enxenaría Física ten unha marcada vertiente tecnolóxica, enriquecedora tanto desde un punto de visto académico como en termos de interacción co tecido empresarial.
Indudablemente, todo isto é riqueza para Ourense, máis aínda tendo en conta que apenas suporía inversión en prazas de profesorado e infraestructuras (laboratorios, etc.).
Actualmente, estanse a impartir os dous primeiros cursos en Ciencias Ambientais. Se ven é certo que técnicamente a sentencia do TSXG anula o grado en Ciencias Ambientais, é inimaxinable que se eliminen uns estudios en fase de implantación. entonces unha solución a este tema, que ó noso parecer debe ser aportada pola Consellería de Educación e Cultura en combinación co equipo de goberno da Universidade de Vigo.
Convén non esquecerse do trato discriminatorio que ven sufrindo este campus desde a súa creación, hai case cuarenta anos. Unha discriminación que motivou multitudinarias movilizacións a principios dos anos 90 co impulso da Plataforma Pro-Campus. Vinte anos despóis temos unha oportunidade histórica de recoller os froitos de aquela reivindicación. ¡Enxenaría Física e Ciencias Ambientais para o campus xa!
Ourense, 20 de Marzo de 2012
Asdo. Etelvino Blanco Rodríguez
Secretario Comarcal CIG- Ourense


























