mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Unha entrevista ao alcalde de Allariz, no novo número do periódico Barrios para Xinzo, Verín, Allariz e Celanova

E-mail Imprimir PDF


A promoción da película "Vilamor", os avances técnicos do servizo de recollida de lixo ou a inauguración do Festival de Xardíns de Allariz, imaxes de portada do número de maio.

Xa comezou a buzonearse o número de maio de Barrios para Xinzo, Verín, Allariz e Celanova. Neste exemplar entrevistamos a Francisco García, alcalde de Allariz, e damos conta de dúas polémicas: unha sobre o Plan de Competitividade "Puertas de Galicia" e outra sobre o traslado do PAC de Verín ao hospital.


Ademais, recollemos os plans da Secretaría Xeral de Turismo para pór en valor o castelo de Monterrei, informamos sobre a xornada de portas abertas na Ruta do Viño de Monterrei, e do balance de delitos feito público pola Xunta Local de Seguridade de Verín.

Entre as noticias de Xinzo destacamos a baixa do BNG dos seus concelleiros Amador Díaz Penín, Manuel Pérez e Lucía Nóvoa; falamos coa responsable da Escola Rural de Saúde da Limia e damos conta dos resultados dun estudo de Cáritas sobre o envellecemento elaborado con 83 maiores de Calvos de Randín e Baltar.

O festival de xardíns de Allariz, o convenio para que os alaricanos poidan beneficiarse das instalacións do spa do AC Allariz ou o anuncio da Xunta de que a autovía a Celanova estará en funcionamento este ano son outros dos temas deste número de Barrios.

No apartado deportivo, fútbol, natación, piragüismo, campus de porteiros, btt, andainas son algún dos temas abordados, así como a homenaxe a José Antonio Fernández "Carrera" en Xinzo, a quen se lle puxo o nome do campo de fútbol da Moreira.

E na sección de cultura, vemos como celebran os municipios ourensáns o Día das Letras Galegas, con especial destaque para a Romería de Raigame.

Todo isto e moito máis, pódelo consultar on line na nosa web.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google