mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

IV Torneo de Primavera Ximnasia Rítmica - Club Ximnasia Pavillón

E-mail Imprimir PDF


O domingo día 27 de maio a partires das 10:00 terá lugar na cancha central do Pavillón dos Remedios de Ourense, a fase do IV TORNEO DE PRIMAVERA correspondente á modalidade de ximnasia rítmica.

En edicións anteriores este Torneo se desenvolvía conxuntamente para as dúas modalidades. Debido ó crecemento en participantes, e para facilitar unha mellor organización e adaptación ós calendarios de cada modalidade, este ano, o club organizador, Club Ximnasia Pavillón, decidiu organizalo en dúas datas distintas. A modalidade de trampolín tivo o seu Torneo de Primavera o pasado 22 de abril, coa participación de todos os clube galegos deste modalidade.

O día 27 de maio o Torneo acollerá a competición individual federada, para a que se conta, unha vez rematadas as inscricións, coa práctica totalidade dos equipos galegos clasificados para o nacional (Esquío, Acordes, María Barbeito, Arousa e Club Ximnasia Pavillón), ademáis de ximnastas individuais de outros clubes (Treboada, Apostol Santiago …).

Tamén terá lugar na mesma sesión a competición de conxuntos de Promoción nas súas categorías prebenxamín e benxamín. Estarán nesta cita conxuntos dos clubes xa mencionados, ademáis de outros, coma o Club Rías Baixas.

O evento se completará coa exhibición dos conxuntos e individuais do Club Ximnasia Escola Pavillón e Escolas Municipais de Xinzo de Limia e Barbadás, así como o colexio Miraflores de O Pereiro.

Se espera, como en outras edicións unha masiva afluencia de público, para presenciar os exercicios das case trescentas ximnastas, entre as que veremos ás mellores ximnastas do panorama galego actual, que se darán cita no Pavillón dos Remedios.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google