mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

VI Xornada de Deporte e Saúde en Verín

E-mail Imprimir PDF

O Concello de Verín organiza, por sexto ano consecutivo, a Xornada de Deporte e Saúde co fin de desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. Esta iniciativa, na que tamén colaboran Municipio de Chaves, Eurocidade Chaves-Verín, Cabreiroá, Saudeter e HortoVerín, terá lugar o vindeiro 2 de xuño, de 9.30 a 20.30 horas.

As actividades deportivas previstas para esta xornada, que se desenvolverá no complexo deportivo de A Granxa, son:

- 3º Torneo Internacional Fútbol 7 (de 9.30 a 20.30 horas)

• Nas categorías de benxamín (nados/as no 2002 e 2003) e prebenxamín (nados/as no 2004). Na categoría de benxamín participan EDC Verín Benxamín A, EDC Verín Benxamín B, Redondela, Club Desportivo Chaves, Escolas do Benfica, ED Puebla de Sanabria, Velle C.F. e E.D. Xinzo de Limia; mentres que na de prebenxamín compiten EDC Verín, CD Ourenese, Pabellón CF, CD Barbadás, EDC Celanova e CD Santa Teresita).

• As finais do torneo serán ás 18.30 horas (benxamín) e 19.30 horas (prebenxamín), e nos descansos de ambos partidos terá lugar unha exhibición de baile das EDM do Concello de Verín.

- Encontro Internacional Tenis (de 9.30 a 20.30 horas)

• Partidos entre a Escola de Tenis do EDC Verín e a Escola de Tenis de Vila Real, nas categorías alevín e infantil.

- Torneo de Fútbol-Sala (de 9.30 a 20.30 horas)

• Nas categorías de infantil (nados/as no 1998 e 1999) e benxamín (nados/as no 2002 e 2003). Na categoría de infantil participan EDC Verín, EM Celanova, AD Flaviense, Troula de Vigo e Barval de O Barco de Valdeorras. E nas de benxamín compiten Pavillón Ourense, Troula de Vigo, EDC Verín A, EDC Verín B y Flaviense.

- VI Encontro Deporte e Saúde (18 horas)

• Iniciativa programada para asociacións rurais e de mulleres da provincia de Ourense, que desenvolven durante o ano actividades deportivas saudables, socios e alumnos de cursos de instalacións deportivas e centros sociais, e integrantes de colectivos participantes en actividades específicas como baile, tai chi, pilates ou ioga.

• Realización de actividades como aerobic, zumba, ioga, pilates, streching ou roda merengón a cargo dos diferentes especialistas de Saudeter (IV premio Agader 2010).

• Actuacións de alumnos/as das Escolas Saudeter nas disciplinas de acrosport, urban dance o baile latino.

Por outra banda, durante as próximas semanas, o Concello de Verín programará a realización das seguintes actividades deportivas:

a) Fútbol

Fase de ascenso á Liga Galega Cadetes

• Tras a consecución do campionato de Liga provincial, que lle otorga a posibilidade de clasificarse para a Liga Galega Cadetes. A primeira eliminatoria terá lugar entre EDC Verín Cadetes e o CD Independiente de Vigo, e o partido de ida disputaráse o 26 de maio, ás 12.15 horas, en Vigo; mentres que a volta será o 3 de xuño no complexo deportivo de A Granxa.

Fase de ascenso á Liga Galega de Xuvenís

• Ao igual que o EDC Verín Cadetes, o equipo de Xuvenís conseguiu o campionato de Liga provincial, que lle otorga a posibilidade de clasificarse para a Liga Galega Xuvenís. A primeira eliminatoria terá lugar entre Xuvenís e o Céltiga, e o partido de ida disputaráse o 26 de maio, na Illa de Arousa; mentres que a volta será o 3 de xuño no complexo deportivo de A Granxa.

• Organiza o Concello de Verín.

Fase de ascenso á Liga Galega Infantís

• Tras a terceiro posto no campionato de Liga provincial, que lle otorga a posibilidade de clasificarse para a Liga Galega Infantís. A primeira eliminatoria terá lugar entre EDC Verín Infantís e o Colegio Hogar Vigo, e o partido de ida disputaráse o 3 de xuño no complexo deportivo de A Granxa, mentres que a volta será o 10 de xuño en Vigo.

b) Fútbol- Sala

XXIX Copa Deputación de Fútbol-Sala (26 de maio)

• Participarán os equipos EDC Verín Alevín e EDC Verín Infantil, e terán lugar en Cartelle e Celanova. Os partidos de semifinais serán: Mestre Vide e EDC Verín Infantil ás 10 horas, e Mestre Vide e EDC Verín Alevín ás 11 horas. Se acadan a victoria nos respectivos partidos, asi finais xogaríanse ás 17 horas na categoría infantil, e unha hora máis tarde os alevíns.

Fase de ascenso Autonómica de Fútbol-Sala (27 de maio)

• Tras a consecución do campionato de Liga provincial, o Verín Fútbol-Sala Infantil participa na Fase de Ascenso Autonómica xunto cos outros campións de liga provinciais en Galicia (Victoria C.F. -A Coruña-, Quiroga -Lugo- e Colegio Miralba -Pontevedra-). Terá lugar en Lugo, as semifinais serán ás 11 e 12 horas, o partido polo 3º e 4º posto ás 17 horas, e a final ás 18 horas.

c) Ciclismo

V Marcha Val de Monterrei-Verín (27 de maio)

•A saída terá lugar ás 9.30 horas, desde complexo deportivo A Granxa e conta con tres percorridos: unha ruta de 60 quilómetros (dificultade alta), outra de 35 (dificultade media) e un paseo de 20 quilómetros (dificultade baixo). O trazado discorrirá polos municipios de Verín, Castrelo do Val e Riós. Participarán máis de 200 ciclistas procedentes non só de Galicia senón tamén do norte de Portugal e outras provincias españolas.

•Organiza o Club BTT Verín en colaboración co Concello de Verín e a Eurocidade Chaves-Verín.

d) Sendeirismo

4ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín 'Ruta do Contrabando da Cidadella' (27 de maio)

• Ruta de 10 quilómetros e dificultade media entre Soutochao (Vilardevós) e Segirei (Portugal)

• Para achegarse a localidade de inicio da andaina sairá un autobús gratuíto do Centro de Cultural de Chaves ás 8 horas (hora portuguesa) e da praza do Concello de Verín ás 9.30 horas (hora española).

• Nesta actividade, organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, tamén participan Cruz Vermelha Portuguesa- Delegação de Chaves, Cruz Vermella de Monterrei, Voluntarios de Protección Civil de Verín, Concello de Vilardevós e Asociación Rota das Augas.

e) Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Verín

•Exhibición dos/as alumnos/as das distintas disciplinas deportivas das Escolas Municipais 2011-2012.

• No Pavillón de Deportes, o 31 de maio a partir das 18 horas.

• Organiza o Concello de Verín.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google