
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu aos xogadores, corpo técnico e directivos do Club Ourense Baloncesto, en recoñecemento ao éxito acadado polo ascenso do equipo á categoría da LEB Ouro.
Nun acto que tivo lugar no Salón de Plenos da institución provincial, Baltar agradeceu ao COB "todo o esforzo realizado para levar novamente ao equipo á LEB Ouro, e por transmitir aos afeizoados os mellores valores que singulariza o deporte como unha actividade de traballo, compañeirismo, superación e benestar".
Xunto aos xogadores, no acto oficial estivo presente o presidente do COB, Jorge Bermello; o adestrador, Rafa Sanz; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González.
Manuel Baltar fixo entrega a Jorge Bermello dunha figura que representa os símbolos de Ourense e un libro, mentres que o COB agasallou ao ente provincial cunha camiseta cun lema alusivo ao ascenso á LEB Ouro, unha bufanda e un DVD que recolle a historia e os mellores momentos do COB.


























