mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O Bipartito desprecia á formación política máis votada da cidade negándolle información sobre os Presupostos

E-mail Imprimir PDF

Ante o anuncio por parte do Bipartito ourensán e mediante unha nota de prensa, a respecto da proposta de Presupostos para este ano que acaban de presentar ante a Intervención Municipal, o portavoz municipal do PPOU, Rosendo Fernández, sinalou o seguinte.

"En primeiro lugar, quero manifestar que a formación política máis votada desta cidade e principal grupo da oposición NON TEN CONSTANCIA DESE DOCUMENTO, a pesares de que levamos 6 meses solicitando e reiterando as nosas preguntas ao respecto en xunta de área e mesmo cunha moción do pleno deste Concello".

Lamenta Rosendo Fernández que o único que coñecen os populares é o que os informadores están a transmitir a raíz da nota de prensa remitida polo Gabinete do Alcalde. "Nota de prensa, por certo, que nos parece unha burda maniobra de despiste cara o Congreso do PSOE de mañá e, sobre todo, cara o que sí coñecimos esta mañá: a nova modificación de crédito de 2 millóns de euros que se levou polo trámite de urxencia e con importantes reparos por parte da Intervención Municipal, que volve a poñer de manifesto a errática xestión económica dos cartos de tódolos ourensáns por parte deste Bipartito", indica Rosendo Fernández. De feito, no tocante á modificación de crédito que se levou polo trámite de urxencia á Comisión de Pleno desta mañá, os populares rexeitaron a citada urxencia -o propio concelleiro de Economía dixo no pleno de maio que tiña a modificación "lista"- e reserváronse o seu voto para o pleno do vindeiro venres. Non puideron votar os concelleiros do PPOU porque, ao levar dito expediente polo trámite de urxencia, non constaba na orde do día da Comisión de Pleno e, polo tanto, non tiñan á súa disposición a documentación necesaria para o seu estudio e análise técnico.

Para concluir, Rosendo Fernández asegura que "evidentemente, en canto teñamos datos sobre o borrador de Presupostos faremos unha valoración técnica, pero polo de agora nós, como grupo político, non coñecemos absolutamente nada deste tema. E non foi por non preguntar acerca deste asunto. Evidentemente esto é un claro desprezo institucional cara o partido máis votado desta cidade", conclúe o portavoz municipal dos populares.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar