Os portavoces municipais do PPOU na oposición mantiveron esta tarde unha xuntanza co presidente provincial, Manuel Baltar, co fin de aunar esforzos e fixar estratexias comúns e coordinadas na súa labor diaria de fiscalización e control dos seus respectivos gobernos municipais.
Dos 92 municipios ourensáns, nunha ampla maioría goberna o PPOU, sendo 25 os que contan con portavoces populares na oposición. Na reunión de esta tarde fixáronse estratexias comúns, tales como obter e distribuir información das accións de goberno en concellos similares, compartir información acerca dos plenos municipais, poñer en marcha xornadas de formación e, incluso, celebrar reunións mensuais itinerantes co fin de manter un contacto coordinado e fluido entre os portavoces, tal e como explicou o coordinador deste colectivo, José Ángel Sampayo Fernández.
O presidente provincial, Manuel Baltar, sinalou a importancia destes encontros, sobre todo porque contribúen a enriquecer e diversificar as accións políticias do Partido Popular en Ourense: "Os portavoces municipais populares entenden que a situación dos seus respectivos concellos forma parte dunha estratexia moito máis global, onde todos poden estar conectados, aunando esforzos e iniciativas, co fin primordial de mellorar os servizos e a atención á cidadanía". Asemade, Manuel Baltar pediu aos portavoces populares que poñen especial atención ás necesidades dos veciños e veciñas dos seus respectivos municipios, "pois se o PPOU ten un sinal de identidade, ése é o da cercanía coa xente. Non debemos esquecer que os populares somos o partido maioritariamente elexido polos cidadáns da provincia de Ourense, sendo a provincia galega con maior porcentaxe de apoio ao PP e estando situada entre as 10 primeiras de España en fidelidade cara o Partido Popular".































