mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O Bipartito realiza contratacións por vía telefónica a menos de 24 horas da selección de Persoal

E-mail Imprimir PDF

Ourense, 14 de maio de 2012.- O portavoz municipal do PPOU, Rosendo Fernández, e o concelleiro José Luis Valcarce Baiget, compareceron hoxe en rolda de prensa para falar da moi cuestionable e pouco transparente política de persoal deste Concello.

Tal e como manifestou Rosendo Fernández, "mentres outras institucións están a diario como centro das críticas -moitas delas baseadas na infamia e na mentira, a pesares de que todas as súas contratacións seguen os pasos legais esixidos, como por exemplo a publicación das ofertas de emprego no Boletín Oficial da Provincia, neste Concello a política de contratacións auspiciada polo Bipartito está fundamentada en cuestións como a selección por teléfono, a renovación de contratos de xeito irregular e, incluso as contratacións a dedo como pago de favores políticos". Esto ilustrouno o portavoz popular cun nome: Juan Pérez.

Sinalou Rosendo Fernández que esta persoa, que ocupou cargos de responsabilidade dende o inicio do Bipartito en Intervención e Compras, na xerencia do programa Auria Inserta e tamén foi xerente da nova adxudicataria do Servizo de Limpeza (tendo a honra, ademáis, de propiciar a única folga de recollida de lixo deste municipio), hoxe en día é unha das novas contratacións deste Concello dentro do programa Ourense Inserta, financiado co Fondo Social Europeo. "Contratación esta que ten certo cheiro de pago político, de colocación dun comisario socialista, xa que noutras administracións non moi lonxanas, para cubrir prazas similares financiadas co Fondo Social Europeo, saiu publicada a convocatoria no BOP, algo que neste Concello non se estila", dixo o portavoz popular, "de feito, con feitos coma éste, non é extraño que a este Bipartito pouco lle importe o éxito dos programas de formacióne emprego (que debería estar baseado no seu equipo directivo), aquí o que se pagan, e moi ben por certo, son os favores políticos".

Pola súa banda, José Luis Valcarce Baiget puxo de manifesto que nas recentes contratacións laborais que se fixeron no Concello, a selección de persoal se realizou por teléfono, na meirande parte dos casos a menos de 24 horas da data da selección formal, cando no resto das administración se publica a relación de admitidos e excluidos nos correspondentes boletíns oficiais e na páxina web.

Asemade, José Luis Valcarce Baiget sinalou que nas entrevistas persoais (fundamentais á hora de puntuar, en moitos casos máis que os méritos profesionais dos aspirantes), produxéronse preguntas tan esperpénticas como por exemplo se o aspirante sabe cambiar unha bombilla ou si é aficionado ao deporte. Tamén lembrou o concelleiro popular que a comisión de valoración para o programa Ourense Inserta, en vez de ter tres membros, só tiña dous, incumplindo así as bases.Por último, José Luis Valcarce Baiget explicou tamén as irregularidades existentes co nomeamento de seis interinos para postos de conserxes, onde a lei (Estatuto Básico do Empregado Público) esixe que non se fagan máis dun contrato de seis meses nun ano para o mesmo posto e servizo, e no que se realizaron cinco renovacións automáticas para os seis postos ofertados. Sobre este asunto o Bipartito non facilitou a revisión do expediente e o informe xurídico correspondente que solicitou o PPOU o pasado 25 de abril, nun novo exercicio de oscurantismo e falta de transparencia municipal.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar