Estes días propuxéronme quitarlle o adxectivo a esta columna, e aínda que non é mais que a derradeira verba que lle da título, penso que para certas cousas son máis novata ca nunca.
Últimamente síntome desubicada, fora de sitio. Pensei en trocar este espazo, e en convertelo nun anuncio ó Bette Davis que diga algo así cómo:
“Saamira Ganay, actriz moi currante, con experiencia e que non se queixa nunca, busca traballo.”
Pero claro isto sen que acompañe o que acompañaba ó anuncio desa gran actriz que era, “gañadora dun Óscar” igual non ten moito efecto entre os produtores.
É verdade que as cousas están moi mal. Non saen apenas proxectos e tanto o teatro como o audiovisual pasan momentos baixos, igual que outros. O que pode que non saiban moitos é que o audiovisual galego é o sector máis castigado pola crise despois da construción. E que esta industria é un dos sectores estratéxicos da economía galega.
Cando os “grandes da escea e das pantallas” eses que moitos na miña situación pensamos que nunca lles falta traballo porque non deixamos de velos, se “queixan” da situación que vivimos e do mal que estamos, aínda que leven razón.. ¿qué nos quedará ós demais? ós que non vivimos as vacas gordas.
Pois a nos, tocounos outro momento, que lle imos facer, que seguramente terá moitas zonas escuras pero que seguro tamén algo de luz.
Négome, négome a choriquear pola crise, se tal… podo meter algún berro algunha vez, por iso de desafogar, pero nada máis.. nin de broma!. Non me podo permitir ese luxo, prefiro manterme positiva, aínda que as veces sexa unha “positiva algo anoxada”.
Así que estou de vacacións forzosas, pero traballando, é dicir rodando curtas. Si… xa sei, que non é moi rendible, pero preciso non perder o contacto cos guións, co set, cos equipos … é momento de reforzarse e activarse ó máximo, se chega algo, que me colla ben esperta. Todo depende de cómo o tomes, o vivido ata o de agora foi un adestramento e quero tomar este punto cómo o de saída. Preparados?
Saamira Ganay































Comentarios
Arturo iso é.
Moitas grazas por estar sempre ahí cos teus comentarios, non te fas unha idea de canto me gusta que non falten.
Un saúdo