mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Obradoiros de verán para nenos de Infantil e Primaria nos catro centros cívicos da cidade

E-mail Imprimir PDF

Os interesados poderanse inscribir a partir do luns nos propios centros cívicos: Colón, A Ponte, As Termas e A Cuña.

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense organiza obradoiros de verán para escolares de Educación Infantil e Primaria nos centros cívicos da cidade: Casco Vello, A Ponte, A Cuñas e As Termas. Son gratuítos e desenvolveranse de luns a venres polas mañás, de 10:30 a 13:00 horas, dende o día 2 de xullo ata o 31 de agosto. Os interesados poderanse inscribir a partir do vindeiro luns, día 11, ata o día 18 de xuño, entregando as súas solicitudes nos propios centros cívicos.

Con esta iniciativa, o Concello pretende axudar á conciliación familiar e laboral das familias, ofertando propostas de lecer lúdicas e formativas para os nenos dur5ante as súas vacacións escolares. Estas actividades contribúen tamén á dinamización dos barrios da cidade, desde os seus centros cívicos, dando continuidade ás que se desenvolven durante o curso de outubro a xuño nesta rede de equipamentos municipais.

Os nenos poderanse escribir por quincenas. Cada unha delas terá unha temática diferente e, en torno a ela, desenvolveranse actividades variadas: xogos, manualidades, bailes, contacontos,... Os eixos temáticos serán:

- Os transportes, viaxes e vacacións

- As cidades, a nosa cidade. Educación Vial

- Os xogos olímpicos, os deportes e os países

- Respecto polo medio: os seres vivos, os animais.

A admisión será por orde de entrada das solicitudes e quincena de preferencia e tentarase que todos nenos desfruten dalgunha das actividades elixidas.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Banner

Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google