Os populares rexistraron 843 solicitudes de información neste ano (en xuntas de área e por escrito), así como 19 mocións, 48 rogos e 89 preguntas en plenos municipais. O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense, co seu portavoz, Rosendo Fernández á fronte, ofreceu unha rolda de prensa para facer balance do primeiro ano do actual mandato municipal, xusto no día do primeiro aniversario da toma de posesión.
Rosendo Fernández realizou un diagnóstico de cada unha das áreas municipais, o cal levou, ademáis, a unha radiografía actualizada dende 2007 na que se ratifica a parálise total da xestión municipal.
En Urbanismo. Diagnóstico: Diabetes resistente
O noso apoio decidido á creación das normas transitorias de Urbanismo (que se acadou grazas á colaboración leal do PP, así como a posterior aprobación do BIC das Burgas); a nosa preocupación polo retraso na creación do novo PXOM (corroborado polo feito de que a señora concelleira responsable tivo que solicitar unha prórroga nas anualidades que ella mismo fixou coa Xunta); a alarmante pérdida de subvencións europeas e estatais para a cidade por valor de máis de 3,4 millóns, polo grave motivo de non saber xestionalas. Descubrir todo esto motivou que a concelleira delegada, nun ataque de prepotencia, decidise unilateralmente restrinxir o noso acceso á información e á nosa labor de control e fiscalización, eliminando dun plumazo as xuntas de área semanais e deixando só o mínimo legal: unha ao mes.
En Benestar Social. Diagnóstico: Tumor oculto.
O Bipartito sempre fixo gala da súa labor a prol desta área. Nembargantes, nos últimos 12 meses traballamos por desenmascarar o turbio asunto do Servizo de Axuda no Fogar, actualmente xudicializado por múltiples cuestóns e que ademáis de encarecerse, perdeu calidade para os usuarios. En canto fixemos público que este servizo estaba operando sen a preceptiva autorización da Xunta de Galicia, a concelleira delegada copiou á sua compañeira de Urbanismo e “castigou” á oposición sen xuntas de área.
En Cultura. Diagnóstico: Incontinencia.
Poderíamos titular este apartado como “O gran despilfarro”, onde impera a xestión cultural particular e partidista, segundo os habituais criterios excluíntes do BNG. Derroche a maus cheas coa única finalidade propagandística de “facerse notar”. Recordamos aquí episodios dramáticos como as célebres vacacións institucionais da responsable en Bilbao (descoñecemos aínda hoxe qué beneficios supuxo para a cidade), o lamentable apoio á Festa da Cervexa ou derrames e derroches varios.
En Educación. Diagnóstico: Síndrome de intestino irritable.
Neste ano, o Bipartito acadou o lamentable logro de rachar coa democracia que imperaba en materia educativa. Por capricho da concelleira responsable, a oposición deixa de formar parte dos Consellos Escolares como fixo sempre, e como está facendo en tódalas cidades de Galicia. Tampouco importou ás responsables de Educación e Benestar Social que por dúas veces solicitásemos mediante mocións que se buscase unha solución ao problema do Botellón... Nin a saúde, nin o descanso, nin a paz veciñal parecen importarlles, aínda que, alomenos, andan dicindo por ahí que van redactar unha ordenanza reguladora (nós non a coñecemos). E, por último, tampouco lle importa, neste caso á responsable de Dinamización Lingüística que este concello non esté adherido á rede de dinamización galega... Dalle igual que os ourensáns perdan cursos e oportunidades por este capricho partidista.
En Economía. Diagnóstico: Artritis Crónica agudizada.
Que a terceira cidade de Galicia esté hoxe en día sen presupostos en vigor xa é de suma gravidade. Co anteproxecto do borrador das contas recén presentado, cando estas se aproben, con moita sorte haberán pasado 8 meses do presente exercicio económico. Absolutamente demencial.
E por si fora pouca cousa estes meses de vacío e parón de actividade, o señor responsable de Facenda adícase a traer a cada pleno modificacións de crédito que, dende comezos de ano, suman x amáis de 4 millóns de euros. E as facturas agochadas nos caixóns non deixan de aparecer, o cal agrava máis si cabe esta sangría económica, perxudicando aos proveedores.
E mentras, turbios asuntos xurdiron como foi o caso do misterioso cobro por reciclaxe, que nun principio ninguén sabía canto era ni onde estaba, e logo dixeron que eran 747.000 que cobrou “por error” a empresa. Non quixeron dicir quen diu esa orde contraria ao pliego de condicións do servizo de limpeza e si foron rápidos en enmendar, dun xeito moi peculiar, este proceso tan oscuro.
En Promoción Económica e Termalismo. Alzheimer de 5 anos.
A proxectos “fantasma” como o Centro de Novas Tecnoloxías carente de equipamento e contido, se lle une a total inacción en materia de Termalismo. Da a impresión de que o Plan Estratéxico Termal o gardaron nun caixón e agora non o atopan, porque senón non se explica a absoluta falta de iniciativas ou ideas que doten de sinerxias á cidade. Só hai “boas palabras”, “boas intencións”, pero nunca avanzamos da fase de “proxección” cara a de “execución”.
E no tocante ao Comercio, é evidente que o Bipartito é completamente incapaz de deseñar medidas efectivas de promoción e apoio ao sector, sobre todos nestes tempos de grave crise que está a lacerar un dos piares do tecido empresarial e económico desta cidade.
En Igualdade e Xuventude. Diagnóstico: Glaucoma causante de ceguera.
Foi lamentable que, por primeira vez na historia deste Concello, o principal grupo da oposición non puidera asistir ao acto institucional do Día da Muller. E foi precisamente porque a señora concelleira tratou de colarnos unha declaración institucional totalmente partidista co fin de politizar este acto, cousa que coa anterior responsable no mandato anterior nunca pasara, xa que o consenso era a nota dominante nese día. No tocante á área de Xuventude, a cidade está á espera de que inauguren o “edificio da mocidade”, que custou 600.000€ e que segue sen abrir, como lle pasa a outras moitas infraestructuras como a Casa da Maxia, a estación de bombeo do Couto, etc...
En Participación Cidadá. Diagnóstico: Anemia hemorráxica.
Outra área na que se luciron, e ben. Pecharon o local da AAVV San Pío X, así como o local da Asociación de Maiores da Ponte. Tamén na Ponte trasladaron a AAVV para o Centro Cívico, carecendo a directiva desta asociación dun lugar onde reunirse. Asemade, amosou tamén o seu talante democrático a responsable desta área evitando reunirse cos veciños da rúa Monte Penamá, en pé de guerra por unha antena de telefonía ilegal.
En Servizos Xerais. Diagnóstico: Inmunodeficiencia global.
As contratacións pola porta de atrás son un sinal de identidade deste Bipartito. Coas asistencias técnicas consiguen consolidar como traballadores fixos a “amigos” externos que adquiren dereitos de xeito irregular. E cando se trata de facer procesos selectivos de contratación, tamén é moi célebre o triste feito de facer a selección por teléfono e a menos de 24h da data da entrevista. Absolutamente lamentable.
En Deportes. Diagnóstico: Prostatismo con crise de prostatitis.
Sacamos á luz o alarmante estado das instalacións do Pavillón dos Remedios, con evidentes riscos sanitarios. Alomenos acadamos que se lles fixera un pequeno lavado de cara e se evitasen os daños máis graves coas baldosas e espellos rotos, aínda que queda moito por arranxar.
Mentres, na mesma instalación, outra nova infraestructura leva un ano pechada: o Spa que custou case un millón de euros, pagado con fondos do Plan E, permanece sen uso e sen data de apertura, nun alarde de xestión á que xa nos teñen afeitos os membros do Bipartito.Por último, o prolongado retraso en aprobar os presupostos supuxo graves molestias aos clubes deportivos que non puideron contar a tempo coas súas respectivas subvencións anuais.
En Medio Ambiente. Diagnóstico: Trastorno de conversión e delirante.
Ao marxe dos 21 verquidos con sanción por parte da CHMS para este Concello, se houbo un tema que capitalizou esta área, e probablemente o primeiro ano de mandato, ése foi Montealegre. Un auténtico despropósito e o exemplo máis claro do despilfarro e da falta de planificación deste Bipartito. Pouco fai falta recordar deste asunto, instalación que pechou aos 100 días da súa vergoñenta inauguración para gloria do anterior responsable, e pechou porque nós detectamos a falta de certificación de obra e as múltiples deficiencias que nela había. Teñan por seguro que este asunto seguirá dando que falar, sobre todo pola fenda que está provocando no cada vez máis dividido Bipartito... Mentres a concelleira responsable quere deixalo como parque forestal, o señor Alcalde anda negociando persoalmente e a espaldas da concelleira o patronato ou outra fórmula de xestión do Xardín Botánico. Dúas ideas contrapostas e dúas forzas que non se entenden: exemplo práctico do que é o Bipartito.
No tocante á labor como oposición do PPOU, aparte de controlar as múltiples irregularidades da unión interesada de socialistas e nacionalistas, “tamén temos que loitar contra as mocións demagóxicas e completamente alleas aos problemas locais que presentan PSOE e BNG co fin de desviar a atención sobre o realmente importante para a cidade”, recalcou Rosendo Fernández.
E sen esquecer que a aportación do PPOU foi clave para a modificación do Reglamente Orgánico do Concello: mentres o Bipartito só quería limitar os tempos de intervención nos plenos, os populares abriron a necesidade de facer unha revisión global, como así está sendo.
A labor dos populares, medida en datos obxectivos e cuantificables, é a seguinte:
MOCIONS PPOU: 19
San Francisco (aprobada por unanimidade) *
Depuradora (aprobada por unanimidade) *
Botellón (2) (rexeitadas polo Bipartito)
Seguridade dos Bombeiros en prácticas (rexeitada polo Bipartito)
Infraestructuras viarias (beirarrúas Santa Catalina) (rexeitada polo Bipartito)
Montealegre (3) (rexeitadas polo Bipartito)
Creación do Consello Social (aprobada por unanimidade) *
Transporte Metropolitano (rexeitada polo Bipartito)
Creación de manual de identidade corporativa (rexeitada polo Bipartito)
Reposición da legalidade no SAF (rexeitada polo Bipartito)
Adhesión á Rede de Dinamización Lingüística (rexeitada polo Bipartito)
Petición de ordenanza que regule as antenas (aprobada por unanimidade) *
Readmisión das persoas despedidas do SAF (rexeitada polo Bipartito)
Petición para elaborar os presupostos (rexeitada polo Bipartito)
Comisión de investigación sobre os ingresos reciclaxe (rexeitada polo Bipartito)
Reclamar o cumprimento do pliego servizo de Limpeza (rexeitada polo Bipartito)
PREGUNTAS EN PLENO: 89
ROGOS EN PLENO: 48
PREGUNTAS EN XUNTAS DE ÁREA: 672
Servizos Xerais, Contratación e Persoal: 121
Medio Ambiente, Vivenda, Peris e Aris: 115
Promoción Económica e Emprego: 107
Benestar Social: 101
Economía e Facenda: 87
Urbanismo: 74
Cultura, Turismo e Mocidade: 67
PETICIÓNS MEDIANTE REXISTRO XERAL: 171
SEGREGADAS EN:
1.- PREGUNTAS DE INFORMACIÓN: 59
Urbanismo: 25
Benestar Social: 14
Medio Ambiente: 10
Cultura: 4
Servizos Xerais: 2
Participación Cidadá: 2
Facenda: 1
Promoción Económica eTermalismo: 1
2.- SOLICITUDE ACCESO/COPIAS EXPEDIENTES: 102
Benestar Social: 40
Urbanismo: 39
Cultura: 5
Servizos Xerais: 4
Educación: 3
Facenda: 3
Promoción Económica eTermalismo: 2
Participación Cidadá: 2
Limpeza: 2
Medio Ambiente: 1
Xuventude: 1
3.- PETICIÓNS VISITAS SERVIZOS/DEPENDENCIAS: 6
Urbanismo: 2
Benestar Social: 2
Educación: 2
4.- OUTRAS: 4
Solicitude audiencia co alcalde: 2
Petición de resposta a preguntas formuladas en pleno: 1
Petición de decretos de exercicios anteriores: 1
TOTAL SOLICITUDES INFORMACIÓN: 843





